Dom, 06 Set 2015, 20:17
Asunto: Re: GMTA 2015 OFICIAL
gustoume moito.
esto é o trail do bosque !!!!!
Saimos do mais alto, Fonsagrada, a 900 mts.
os primeiros kilometros fàciles, excepto algunha baixada tácnica, sen forzar, ritmo cómodo, tanto que ibamos Mingos mais eu pechando o pelotón.
nos pasou coma un lostrego Arca, e non sabiamos se era o primeiro da curta , ou o curto da primeira, que se quedou durmido, je, je...
No primeiro avituallamento,en Fito,km 9, chega tras nos o escoba e as duas irmans do Dubra Team.
gominolas, mel froita, como me puxen , por Deus, xa amorticei os 20 € no primeiro e ainda quedan mais...
nunha baixada algo perigosa, se me vai Mingos, me pasan moitos da curta, e vou cas rapazas e o escoba Jeff , ata o segundo avituallamento, km 13, que non estaba previsto, pero se agradece.
Alí escapan as mozas e quedo eu so co Jeff, coma no segundo UTAC, je, je.
Chegamos a Ferreria de Vilar de Cuiña, e no avituallamento, km 17, estaba Mingos, Ivan, as de Dubra, e outro rapaz de roxo.
repoñemos forzas, marchan as chicas, e poñemonos a camiñar polo camiño da republica, a pleno sol.A parte mais fea do percorrido.
non tiñan gañas de correr e eu algo mais si, e dinlle caña ata o rio Suarna, tramo precioso, lento e mollado.
As mozas iban diante e non as pillei ata o terceiro avituallamento, que era o cuarto, onde estaba Lupe.
daban de marxe 8 horas, e eu levaba so 5 nese punto, non iba quedar ninguen cortado !!!
Ali habia un corredor mancado que abandonaba, dous rapaces moi novos con dorsal , e as de Dubra.
Saimos os tres outro cacho tecnico polo rio , e empezando as costas quedaronse atras.
a verdade e que eran as 6 da tarde e pouca luz habia baixo a espesa arboreda.
No km 32 vexo a un de negro que non era arbitro, senon Nando de Cambados, que iba camiñando.
O saudei e tirei cara arriba polas costas , ata chegar polo bosque a Fonsagrada en pouco mais de sete horas.
na meta o speaker Cesar fixome honores de xefe de estado polo menos, e no pavillón habia mais comida a fartar, grazas Carmén pola tua adicación.
o pouco chegou Mingos , e pouco a pouco o resto.
Ivan ata seica parou nun bar co Jeff a tomar un ha cervexa, que tio.
resumindo:
gustoume moito
para min menos dura que Vilatuxe, con similar kilometraxe
un acerto traer unha proba as terras de Burón
ata pronto , gmta
proximo obxetivo : 80 km do Reccua Douro Ultra Trail e outubro
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO