Lun, 21 Set 2015, 9:06
Asunto: Re: VI Medio Maratón "Vila de Petín" (20/09/2015)
Bueno, xa de volta tras un fin de semana marabilloso nas terras de Petín e A Rúa.
Quero da-la noraboa á organización polo trato e bo ambiente que recibimos tódolos atletas en esta gran carreira. É a primeira vez que vou, e tal e como trata o lema da mochila, penso repetir
Dura e fermosa como ela sola, unha primeira metade día que rápida por ir ao carón do río case todo o recorrido, e unha segunda parte moi dura, pero cunhas vistas preciosas do embalse e de A Rúa e Petín. Os últimos 5 km se me fixeron eternos, sobre todo o último por Petín, que no daba visto a meta tras meternos polas rúas, pensando que xa se remataba ao chegar á praza do pobo
A comilona final, exquisita. Os embutidos e o viño (xa coñecido, pero moi rico) riquísimos, e esa paella que ben sentou... de feito repetín (vaia, xa se me meteu o lema da carreira na cabeza!). Recordoume moito a
A Ferreirúa, ou como un pobo pequeno e sen moitos medios pero con ilusión pode organizar unha carreira de esas que quedan na memoria e lles gardas un cariño che fan voltar.
Moi ben os avituallamentos líquidos, sobre todos nos kms finais con máis frecuencia, que era onde máis falla facían dadas as costas e o calor que comezaba a facer das súas.
Como digo, a organización moi boa, casi de dez. Pagar 12€ e disfrutar dese recorrido e desa comilona... paréceme difícil de atopar noutras carreiras. Digo casi de dez, porque na miña opinión facía falla algo de avituallamento na meta. Non sei se é cousa da organización ou da federación, pero botei de menos unha bebida isotónica estilo Powerade ou Aquarius e unha fruta ou comida na meta. É a segunda vez que me pasa isto nunha carreira: a de San Xoán de Vigo, e onte. As dúas son de Carreiras Galegas, ¿entón nisto ten máis culpa a federación que a organización?
Tamén tiven un pequeno desencontro con conductores, sobre todo na zona das subidas á torre que está no km 12-13. Era unha zona de curvas onde ás veces por atallar ía polo medio da estrada, e dous conductores de coches me berraron de moi malos modos "apartaivos!". Pero vaia, que entendo que sendo época de vendimia, a xente tb andaba coas súas cousas...
Quería saúdar a dúas persoas que me acompañaron case toda a carreira, que nin sequera sei se postean aquí:
Antonio Folgoso e
José Benito Gómez. Un placer compartir tantos kms con cachondos mentais así, que non pararon de animarme todo o rato e darme consellos. Espero vervos na MM de Pontevedra nunhas semanas. Sodes moi grandes, chavales!!
Bueno, e remato xa o ladrillo este. Gracias concellos de Petín, a Rúa e Vilamartín por organizar unha carreira como o fixéstedes vós. Como brindamos os 7 rapaces que corrimos e fixemos a andaina:
¡DE HOXE NUN ANO!
PD: ¿que foi do polo que se comentou nuns mensaxes atrás? Entendo que no seu lugar deron a mochila, ¿non?