Ven, 11 Set 2015, 11:05
Asunto: Re: Precio de las carreras
Sr. Ilmo. Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento José Manuel Sande : a única carreira atlética apta para profesionais que se celebra na Coruña é o Gran Premio Cantones de A Coruña de marcha atlética, que na súa XXIX edición víu como a china Liu Hong batiu a plusmarca mundial na proba dos 20 quilometros; e espero e desexo que non se vexa afectada para vindeiras edicións por futuros recortes de gasto. O resto de carreiras teñen un carácter eminentemente popular
www.marca.com/2015/06/...16255.html
Sr. Ilmo Sande: segue xustificando de momento a suba nos prezos das populares nos custos que supoñen para o Concello, agardo que nese pleno do lúns dea uha relación pormenorizada dos mesmos e dea unha xustificación de porqué, se a cuestión é reducilos gastos, se manteñen, por exemplo :
- premios en metálico valorados en 6000€.
-regalos (camisetas técnicas , medallas de finisher)
-celebración de gala final do circuito Coruñacorre, cando a entrega dos premios e trofeos do circuito se podería realizar nun acto ao finalizala derraeira carreira do mesmo ( Oza).
-contratación de profesionais do atletismo (Vanesa Veiga, Yolanda Gutierrez, Pedro Nimo,.......) , dos que non teño nada en contra , pero que veñen á cidade a realizar unha serie de actividades paralelas á feira do corredor (entrenamentos grupais, charlas sobre estiramentos,.......) cobrando uns diñeiros; diñeiro que se podería aforrar contando cos técnicos dos clubes da cidade cos que se mantén convenios (Riazor, Coruña Comarca) .
-publicidade estática e anuncios inseridos en xornais promocionando as distintas carreiras.
Asimesmo podería explicar:
-se os trocos no percorrido da Coruña (que implican unha nova homologación do mesmo, co gasto que iso conleva ) eran precisos e ineludibles por temas de tráfego e ou seguridade.
-se se analizou realizar a inscripción e a cronometraxe con ofertas mais baratas que Championchipnorte (a propia coorganizadora da carreira , a FGA, ten web para inscripción en carreiras e cronometaxe manual cos xuíces).
-e finalmente, pero non menos importante, se considera que a eliminación da carreira dos menores nesta Coruña10 fomenta a práctica de hábitos saudabeis en idades tempranas ou se considera que iso non entra dentro das competencias da concellería de deportes.
Última edición por Migueliño o Ven, 11 Set 2015, 12:30; editado 3 veces