Mar, 15 Set 2015, 10:14
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)
Tras dous días de "repouso" pásome para facer unhas reflexións.
Ante todo, a lección máis clara que aprendemos o domingo, foi que non se lle debe facer ningún caso ás prediccións meteorolóxicas. Pero ningún, ningún
. Non en balde só choveu (durante a carreira) nunha soa das 31 edicións.
A pesares delo, houbo unha participación máis que sobresaínte. E eso, de cara a manter a gratuidade da proba é fundamental. Bueno, a participación e o devenir da economía, xa se sabe.
Gracias pola aportación desinteresada de alimentos. Aínda que sei que podedes facer un esforzo máis. O ano que ven anunciarémolo máis claramente e con máis bombo e platillo
.
A única pega, o de tódolos anos: as normas, o regulamento. Se hai un regulamento, por moito que non nos guste, é para cumplir. E a sempiterna escusa de que "noutras carreiras" sí se permite non é xustificación. Pero bueno, pouco a pouco.
Xa no personal, orgulloso de que un ano máis a carreira chegara a bo porto. E, por suposto, alegreime de ver a vellos amigos: xoixe, tiojuan, matogrosso, papaleguas, soutullo, sanmikel, vilalongarunner... e os que me deixo seguro. E matveiev, ó que coñecín perante a entrega de premios.
Ata o ano.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es