Mar, 18 Ago 2015, 22:35
Asunto: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15
24ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2015”
PONTE ULLA Vedra
13 de setembro
Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en
www.gundian.gal/inscricion
ata o 10 de setembro ás 23:59h.
Categorías
A Especial. Até 4 anos (nados/as do 2011 ao 2015)
A. De 4 a 8 anos (nados/as do 2.007 ao 2.010)
B. De 9 a 12 anos (nados/as do 2003 ao 2006)
C. De 13 a 15 anos (nados/as do 2000 ao 2002)
D. De 16 a 18 anos (nados/as do 1997 ao 1999)
E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1.980 ao 1.996)
E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1.975 ao 1996)
F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1979 inclusive)
F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1974 inclusive)
Realización da proba
Recollida de dorsais: o 13 de setembro ata as 10:15 h no Restaurante Ríos (Ponte Ulla)
Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 4 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.
Premios
Vencedores/as absolutos/as: trofeo e 180 € (1º), 100 € (2º) e 75 € (3º), tanto na categoría feminina coma na masculina.
Primeiros/as e segundos/as de cada categoría: trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 € (1º) e 35 € (2º) en Deportes Caneda.
Primeiros/as clasificados/as da parroquia: trofeos doados por Super Ulla.
Premios ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.
Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (só 1 premio por persoa).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten orixinal ou fotocopia do DNI ou do libro de familia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, Donuts e froita.
Todos os partipantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Entre todos os participantes sortearase unha bicicleta de montaña e haberá outro sorteo sorpresa.
Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
– Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
– Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
– Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto @ gundian.gal.
Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto @ gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.
A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.
A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.
Última edición por Popular_de_Gundián o Mér, 19 Ago 2015, 21:55; editado 3 veces