Lun, 21 Set 2015, 8:02
Asunto: Re: Carrera pedestre de Campañó
Ambientazo coma sempre en Campañó!
Como crítica constructiva: Un pouco incómoda a zona de saida-meta especialmente para os que levamos os críos a correr, penso que se lle podería dar unha volta a ese tema. Aínda que entendo a problemática do ancho da calzada e os arcos de saida e meta.
Moitas gracias á organización e voluntarios!!! É de sacalo sombreiro calquera traballo altruista, unha tarde de sábado soleada ahí estivestes traballando para que outros desfrutasen da súa afición.
Como crítica destructiva: todos eses corredores que tiran as botellas de auga e restos de lixos nas cunetas, ¿sabedes que algúen as recolle o rematar verdade? Ou pola contra poderían quedar ahí como recordo da vosa fazaña atlética. De verdade falta bastante educación nesta sociedade.
Dar ejemplo no es la principal manera de influir sobre los demás; es la única manera.
Albert Einstein