Mar, 22 Set 2015, 8:38
Asunto: Re: Maratón de Berlín 2015
Ei, que por suposto que hai transporte público cerca do estadio olímpico, faltaría máis!
Tedes a parada do S-Bahn 5 e 75 "Olympiastadion" e a parada "Olympia-Stadion" da liña vermella U2, coma o grupo, agora que o mencionades xD.
Despois tamén hai buses pero iso xa se me escapa, sería cuestión de mirar:
(web de transporte de berlin: bvg.de)
O ano pasado cando corrín o maratón non participei na Breakfast Run, pero se estades interesados é unha boa forma de visitar o estadio gratis, porque o resto dos días hai que pagar entrada para acceder. Claro que supoño que non se terá acceso ao museo nin ao tour explicado pero polo menos písase a pista. Tamén poden participar acompañantes, se buscades fotos desa carreira doutros anos a xente non leva dorsal nin nada. Iso si, duchas non hai, pero iso xa o explican na web oficial do maratón...
E se me permitides unha suxerencia, evitade ir buscar o dorsal o sábado, sobre todo a partir do mediodía para evitar aglomeracións e agobios. tendo a oportunidade de ir xa o xoves, eu iría ese día...