Lun, 14 Set 2015, 20:11
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO
XVII EDICION CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO.
ORGANIZA: Concello do Grove e ADM (Asociación de Deporte Meco).
DATA DE CELEBRACIÓN: Domingo 4 de outubro de 2015.
HORA DE COMEZO: Ás 10.30 sairán as categorías inferiores.
SAÍDA DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).
INSCRICIÓNS: para tódalas categorías, as inscricións realizaranse a través da páxina web
www.galitiming.com indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, dirección e club (ou lugar de procedencia) antes do mércores día 30 ás 0:00. A categoría absoluta terá un prezo de 5€ con dereito a “bolsa do corredor” (inclúe camiseta técnica do evento).
ENTREGA DE DORSAIS: O día da carreira, a partir das 9:00 na zona de saída (ata media hora antes da saída).
CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: o percorrido será mixto, comeza sofre asfalto, continua por terra (no Parque Forestal Illa da Toxa), segue por céspede polo Golf La Toja, rematando en asfalto novamente ata a liña de meta. Haberá duchas ao servizo dos corredores no Pavillón Náutico e no Pavillón dos Deportes ao finalizar a carreira.
DISTANCIAS E CATEGORÍAS :
PREBENXAMÍN ata 6 anos ______250 m.
BENXAMÍN de 7 a 9 anos_______500 m.
ALEVÍN 10 e 11 anos__________1000 m.
INFANTIL 12 e 13 anos_________1000 m.
CADETE 14 e 15 anos__________1500 m.
XUVENIL 16 e 17 anos ________1500 m.
SENIOR de 18 a 34 anos _____10.000 m.
VETERANO A 35 a 49 anos______10.000 m.
VETERANO B 50 en diante_______10.000 m.
PREMIOS:
- Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría a partir de infantil. Nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín recibirán unha medalla.
- Haberá que presentar o DNI para o cobro dos premios en metálico.
1º: 250€ e noite de hotel nos hoteis “Gran Hotel Talaso La Toja” e “Louxo La Toja” (1 noite de hotel para vencedor masculino e outra para vencedora feminina).
2º: 200€ e cea para dúas persoas no Restaurante cunha estrela Michelín “Culler de Pau”.
3º: 100€ e patela de mariscos de “Mariscos Jacobo”.
4º: 75€ e patela de mariscos de “Mariscos Trelles”.
5º: 50€ e patela de mariscos de “Remagro S.A.”
- 5 kg de mexillón de “Amegrove” e un estoxo de viño Albariño “Bodegas Agro Vello” para os 3 primeiros clasificados e clasificadas absolutos.
- Os 3 primeiros atletas masculinos e femininos locais recibirán un trofeo e un bono de consumición para a “Festa do Marisco”.
- Trofeo ao 1º e 1ª atleta portugués/a que tamén recibirán un bono/consumición da Festa do Marisco. O e a atleta de maior idade levarán o mesmo premio.