Foros ›
VI PINGA-PINGA 10 OUTUBRO. Gracias a tod@s por vir!!!
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Set 2015, 21:06
Asunto: VI PINGA-PINGA 10 OUTUBRO. Gracias a tod@s por vir!!!

VI PINGA-PINGA (10 OUTUBRO 2015)

Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a sexta edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de Fútbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:
A) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca chegada.

B ) A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 10 de Outubro de 2015
Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)

CATEGORIAS
MENORES:
Menores A: Hora: 16:10 - Idade: Benxamín = 2006/2007 - Percorrido: 250 mts aprox.
Menores B: Hora: 16:15 - Idade: Alevín =2004/2005 - Percorrido: 500 mts aprox.
Menores C: Hora: 16:25 - Idade: Infantil/Cadete = 2000/2003 - Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.

CHUPETES/PITUFOS Hora: 16:45h - Idade: Chupetes: nados no 2011 e posteriores; Pitufos: nados no 2008-2009-2010 -Percorrido: Chupetes: 100mts aprox ; Pitufos: 250mts aprox.

MAIORES (CATEGORIA RAIÑA): Hora: 17:00h - Percorrido: 8 kms – tres voltas a un circuito - Idade: a partir de 15 anos.
Xuvenil, Xunior e Promesa 1993/1999
Senior 1992 e anteriores (ata veteranos)
Veteranos A: De 35 a 44 anos
Veteranos B: De 45 a 54 anos
Veteranos C: A partir de 54 anos

3.- INSCRICIÓNS :
CHUPETES E MENORES: O mesmo día da proba ou mediante o formulario habilitado na web www.cronotec.es (recomendable)

MAIORES: na páxina www.cronotec.es, que se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Raíña).

A INSCRIPCIÓN DA "ABSOLUTA" PECHARASE O 7 DE OUTUBRO OU CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.

4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)

PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas= 8 kms).

5.- PREMIOS:
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3
primeiros da categoría absoluta.

Trofeo ao clube con máis participantes na absoluta. Non participa o clube organizador “C.D. Pinarium”
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
400 Camisetas técnicas na categoría absoluta avituallamento para todos os participantes e regalos varios para os
máis pequenos (MEDALLAS,etc)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, SCD Santomé, Asociación da mazá e da Sidra, Frutas Sol, Pontevedraviva, Diario de Pontevedra.

Homenaxe esta edición á piragüista canguesa Teresa Portela, 4 veces olímpica e gañadora de múltiples medallas internacionais.


Última edición por PINGA-PINGA o Dom, 11 Out 2015, 18:46; editado 8 veces
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Set 2015, 22:28
Asunto: Re: VI Carreira Pinga Pinga. Quedan menos de 2 semanas!!!

Inscricións maiores e menores (formulario sinxelo) en www.cronotec.es.
Ollo os maiores a precio reducido ata o domingo próximo (7 outubro) Animádevos!!!


Última edición por PINGA-PINGA o Lun, 05 Out 2015, 18:59; editado 1 vez
diegovic

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/10/11
9 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Set 2015, 9:34
Asunto: Re: VI Carreira Pinga Pinga. Quedan menos de 2 semanas!!!

Vaia, este ano non vou poder ir ao cadrar na ponte de outubro, que marcho de viaxe.

Gran carreira, unha mágoa non poder sufrir esas costas...
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2015, 6:56
Asunto: Re: VI Carreira Pinga Pinga-Precio reducido inscri ata domin

Recordade inscricións en cronotec.es/ins/index....on&cid=115 , tanto os nenos como os adultos.
Tarifa reducida para os maiores ata o domingo 7 outubro. Nos esperedes máis. A pinga pinga hai que vivila!!! Bailar Bailar Bailar


Última edición por PINGA-PINGA o Lun, 05 Out 2015, 18:58; editado 1 vez
aquintiana

Novo foreiro
Novo foreiro
1/10/13
5 Carreiras
38 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2015, 10:15
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Precio reducido inscri ata domin

La podeis meter en el circuito de correr en galicia, por favor?

Gracias por adelantado.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Xov, 01 Out 2015, 23:13
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Precio reducido inscri ata domin

aquintiana escribió:
La podeis meter en el circuito de correr en galicia, por favor?

Gracias por adelantado.

Ya hemos enviado un correo para que sea puntuable para el circuito como las otras ediciones. Esperamos tener contestación pronto. De todos modos insistiremos. Gracias por el recordatorio.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Ven, 02 Out 2015, 17:11
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Precio reducido inscri ata domin

Anotada en mi agenda queda. Sorriso
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Out 2015, 23:30
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

Confirmado que a VI Pinga Pinga será puntuable para o circuito. Tamén podemos dicir que haberá servicio de masaxes para o que o necesite ao remate da proba. Veña que non queda nada para o gran día. Xa estades inscritos??!!!
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 05 Out 2015, 13:51
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

Buenoooo,voy para inscribirme y 6€.Nada de 4€ como me habian dicho.Pues nada,como no me gustan nada las carreras que andan cambiando de precio,no seré de la partida.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Out 2015, 18:53
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

lestrove escribió:
Buenoooo,voy para inscribirme y 6€.Nada de 4€ como me habian dicho.Pues nada,como no me gustan nada las carreras que andan cambiando de precio,no seré de la partida.

Lestrove, acabamos de comprobar en www.cronotec.es que a inscrición está igual que a semana pasada (4 €) Podes comprobalo ti mesmo. Así seguirá a inscrición ata o mércores.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Out 2015, 18:58
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

Hoxe mesmo realizamos 2 inscricións do noso clube ao mediodia sen problema. Calquera cambio que apreciedes e non estea indicado agradecemos que o fagades saber. Nos vos quededes fóra a Pinga Pinga hai que vivila amigos!!!
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 05 Out 2015, 19:27
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

Sendo así,non podo fallar. Nono
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Out 2015, 22:51
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

lestrove escribió:
Sendo así,non podo fallar. Nono

Alegrarianos que foras da partida. O perfil da Pinga Pinga vos dará un bo punto de forma para futuras citas. Digo por experiencia propia. Se non xa me contaredes Ríndose
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mar, 06 Out 2015, 6:39
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

E o perfil da carreira,desglosao un pouquiño,por favor.Gracias.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Mar, 06 Out 2015, 22:49
Asunto: Re: VI PINGA-PINGA, 10 OCT- Miércoles fin de inscripciones!

lestrove escribió:
E o perfil da carreira,desglosao un pouquiño,por favor.Gracias.

Mañan á noite explico o percorrido que agora teño bastante apuro.


Última edición por xenosilve o Mér, 07 Out 2015, 18:15; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos