Mar, 25 Ago 2015, 13:55
Asunto: TRAIL + 1/2 KM VERTICAL MONTE COMADO - 11/10/2015
TRAIL + 1/2 KM VERTICAL MONTE COMADO
Tra-la edición do ano 2014 do 1/2 km vertical, este ano decidimos dar duas opcións ós participantes, a vertical e un trail de 20 km aproximadamente.
As carreiras discurren no concello de Barreiros (Lugo), con saida na praia de Arealonga (Reinante) e meta no cumio do monte Comado.
A carrerira vertical consta de 4,4 km de distancia e 490 m de desnivel positivo.
O trail son 20 km cun acumulado positivo de 1.500 m.
Haberá avituallamentos líquidos e sólidos, servizo portamochilas, servizo de transporte de retorno, duchas, seguros RC e Accidentes.
Tratamos de diseñar un percorrido variado, de dificultade media, con zonas técnicas, pistas, camiños, sendas forestais, ríos, subidas baixadas ... todo o que buscamos nunha carreira deste tipo, e as mellores vistas da Mariña lucense.
Ó remate das carreiras e da entrega de trofeos, teremos de forma opcional unha comida organizada pola Asociación comisión veciñal de Reinante.
Toda a info en:
www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com
Inscripcións do 1 de setembro ó 7 de outubro de 2015.