Sáb, 10 Out 2015, 17:58
Asunto: Re: III Cross Lariño (Carnota) 10/10/2015
Eu non son moi partidario das carreiras de monte, máis esta prova, é moi levadeira, eu quedei encantado ca mesma. Organización, percorrido, avituallamento etc. etc.
Non ten excesiva dureza, só ten dentro do 1º Km. un tramo duro e un pouco despois cando saes da zona das casas, ese muro de cemento que nos deixou a máis dun cravados.
Pero en canto chega a pista forestal do monte pódese correr ainda que sexa subida, ademáis ten varios descansiños e algo de baixada, xa que ata cerca do Km7 e con tendencia a subir e despois case que é todo baixar, cun par de repeitiños.
A distancia non chegou aos 11Kms, non sei a que me dou exactamente, xa que me quedei sen bateria ao pouco de pasar o Km10, pero polo crono de meta creo que entrei en 47'40" polo que está moi ben.
Se podo en vindeiras ocasións serei da partida, xa que esta carreira conquistoume, e encima a 30 minutos da casa.
Última edición por Kurty o Sáb, 10 Out 2015, 21:30; editado 1 vez