Ven, 09 Out 2015, 18:07
Asunto: XVII Carreira Popular Concello de Viveiro
Un ano máis desde a directiva do C.D.EGOVARROS-VIVEIRO convidámosvos a participar na:
XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO
Memorial "Julián Bernal" Homenaxe a Adrián Ben
CARREIRA SOLIDARIA CÓ BANCO DE ALIMENTOS
SABADO 31 DE OUTUBRO
Saída xunto ó Pabellón Municipal
Ás 4:30 da tarde: carreiras, Categorías Menores
DOMINGO 1 DE NOVEMBRO
Saída xunto ó Pabellón Municipal
ÁS 11:30 da mañá, Carreira Absoluta
Regulamento Xeral da Carreira Popular
1º A saída e a meta estarán situadas a carón do Pabellón Municipal.
2º O percorrido será de 12500 metros aproximadamente ( 2 voltas a un circuíto)
3º A organización, ó ser unha proba popular e gratuíta, declina toda a súa responsabilidade polos danos que pola participación da mesma, poda sufrir un participante, tanto se son orixinados por si mesmos ou por terceiros.
4º Toda persoa que participe na proba con datos falseados, sen dorsal, sen estar inscrito ou non realice o percorrido completo, non terá dereito a premio e será descalificado.
5º As discrepancias que puideran acontecer comunicaranse de maneira verbal á organización, que se pronunciará de inmediato e o seu dictamen será inapenable.
6º Os participantes polo feito de inscribirse e de tomar a saída, coñecen e aceptan o presente regulamento.
7º
Haberá duchas ó remate da proba.
8º Todo participante terá que doar algún alimento non perecedeiro ou productos de hixiene persoal ó recoller o dorsal
9º O sábado entregaranse dorsais ata as 4:00 ás categorías inferiores.
10º O domingo entregaranse dorsais ata as 11:00 horas.
11º As inscripcións formalizaranse ata o día 29 de outubro,
no número de teléfono: 982-598160
e no email: egovarros @ gmail.com
Para a inscripción necesitamos o Nome e Apelidos e a Data de Nacemento
[u]CATEGORÍAS[/u]
A Biberón: 0-7 anos
B Benxamín: 8-10 anos
C Alevín Feminino: 11-12 anos
D Alevín Masculino: 11-12 anos
E Infantil Feminino: 13-14 anos
F Infantil Masculino: 13-14 anos
G Cadete Feminino: 15-16 anos
H Cadete Masculino: 15-16 anos
I Xunior Feminino: 17-20 anos
J Xunior Masculino: 17-20 anos
K Senior Feminino: 21-34 anos
L Senior Masculino: 21-34 anos
M Veteranos A Masculino: 35-39 anos
N Veteranas A Feminino: 35-44 anos
O Veteranos B: 40-44 anos
P Veteranas B: 45-54 anos
Q Veteranos C: 45-49 anos
R Veteranas C: 55 en adiante
S Veteranos D: 50-54 anos
T Veteranos E: 55-59 anos
U Veteranos F: 60-69 anos
V Veteranos G: 70 en adiante
PERCORRIDO
100 metros para a categoría A
900 metros para as categorías B C
1900 metros para as categorías D E
2900 metros para as categorías F G
12500 metros para o resto das categorías
O SABADO día 31, haberá medalla para todos os nenos e nenas que rematen a proba e trofeo ós 3 primeiros de cada categoría.
O DOMINGO día 1 , haberá Trofeo para os 3 primeiros de cada categoría, Camisetas para tódolos participantes que rematen a proba e Pinchos ó remate da proba para todos.
CALQUERA DÚBIDA, AQUÍ ESTAMOS PARA RESPONDERVOS