Sáb, 10 Out 2015, 17:17
Asunto: Re: Muy lesionado
Bueno, Matalotes...eu o pasado Nadal, nunha carreira, esvarei nun paso de peóns.
Roturas parciais do lateral interno e do cruzado posterior, leve e grave respectivamente e pequena físura horizontal do corno anterior do menisco interno.
Como tardaron co diagnóstico seguín coa miña vida normal desde o primeiro día pero sen correr, craro... e así cheguei a rehabilitación en millores condicións.
Tratamento conservador, só me operarían se o menisco daba problemas, pero afortunadamente iso non pasou.
Moito fortalecemento e moitísimo traballo de propiocepción.
A finais de marzo comenzei a correr e desde maio fagoo con regularidade.
Espero que teñas sorte. Paciencia e constancia.