Xov, 11 Out 2007, 21:54
Asunto: Entreno
Bean:
A mín gustaríame facer varias consideracións:
1º.- Non me parece oportuno nin conveniente correr a mesma distancia dunha competición a semana anterior a esta. Por varios factores: motivacionais (compre ter fame da distancia), de desgaste físico,...
2º.- O próximo domingo 21, correrei o Maratón de Amsterdam. Loxicamente no caso do Maratón, é imposible entrenar a distancia, e moito menos a un ritmo semellante ao de carreira. Hai unhos test, ou provas singulares, que máis ca indicarnos o ritmo ideal, probable, ou posible, apórtannos sensacións de cómo estamos. E o máis importante, poñemos a prova o noso nivel motivacional.
Na prova de hoxe (10 dias antes do maraton) eu corro 2 seismiles: o primeiro ao ritmo de carreira e o segundo 35 segundos o quilómetro debaixo dese tirmo.
Cando teño unha carreira de 10 ou 21 quilómetros, o martes da semana da carreira fago 6 miles, en progresión, comenzando o primeiro quilómetro lixeiramente por riba do ritmo de competición e remtando o último 15 segundos por debaixo do ritmo ideal.
3º.- Si ben é certo que soe haber atascos nas saidas, dificultades para regular o ritmo de xeito adecuado, factores imprevistos o día da prova, cambios horarios; eu teño claro que o nivel de motivación nunha carreira é absolutamente inalcanzable nos entrenos.
Eu sempre penso no mesmo exemplo. En condicións óptimas, algún domingo entreno escasas duas horas, e chego á casa reventado, coa impresión de que non conseguiría facer 10 minutos máis. O corpo, aguanta máis... aguanta ata 3 ou máis horas correndo. E non só eso: aguanta a un ritmo superior e máis tempo.
Outro exemplo. Se fago entrenando un quilómetro a 3:40 parece que vou absolutamente a tope e non conseguiría facer 500 metros máis a ese ritmo. Despois, en carreira, se as circunstancias son favorables, e sei controlar e dosificar, podo manter ese ritmo durante 8 ou 10 quilómetros.
En fin, non é bo que nos desgastemos en entrenos-replica: os entrenos teñen que ter outra finalidade e outro obxectivo. A competición ha de estar ahí esperándonos e debemos ter fame dela para dar ese día a esa hora o mellor de nos mesmos. Todo o anterior son experimentos, provas, sensacións, que nos fortalecen e alimentan para afrontar ese día H.
Animo.