Lun, 09 Nov 2015, 15:00
Asunto: Re: Vigo +11 (8-11-2015)
Boas, son o director técnico da Delegación de Vigo da FGA e, antes de nada, quería pedir disculpas polos fallos que sempre se teñen neste tipo de probas. E agradezo os vosos comentarios.
É a primeira Vigo +11 que organizo e en liñas xerais quedo bastante contento. A mellora, con respecto a nos anteriores, é evidente.
No positivo está o ambiente que creamos (batucada, meta con alfombra, etc.). Creo co traballo do grupo, na montaxe de meta, de Ezequiel Mosquera foi inmellorábel.
Ao ter nenos acuden tamén moitos pais e iso tamén da ambiente, ademáis do labor atlético que supón de promoción do atletismo. Estou contento co tema da seguridade, algo básico nunha proba destas e tiñamos a medio centenar de persoas polo circuito.
Agradecemento especial aos clubs de Vigo (Beade, Castrelos 20:30 e Comesaña, e dous Celtas). Só o equipo do Celta puso a 26 persoas alí polo que agradecemento é máximo. Un dez en todo.
A entrega de trofeos, dorsais, etc. Creo que estivo ben.
E os servicios aos atletas están ben, contando o custo dorsal (5€), dos máis baratos da actualidade, e vendo o que ofrecemos.
Está por ver si, ahí podedes dar a vosa opinión, subir algo (un, dous €) e dar máis servicios (por exemplo en meta) ou deixalo así. A proba non da beneficios, nin o vemos como un negocio.
No negativo está o tema do auga no avituallamento. Non é vital, nunha proba de 10K, pero é un fallo da persoa que encargouse dese tema. Fallo infantil de todo. Só podo pedir desculpas.
O tema da cola en meta, ao recoller a bebida, non é problema de poñer os postos máis lonxe, foi problema de so ter un posto, que como o temos gratis as organizacións, e por iso estamos agradecidos, so tiñan unha persoa a repartir. Con poñer a dúas persoas máis, a repartir, xa estaba arranxado o problema.
Unha persoa queixouse de que, os operarios de Ezequiel Mosquera, quitaron a alfombra antes da chegada dos últimos. Iso non se axusta ao que aconteceu na realidade.
Tódolos atletas chegaron ca alfombra posta. Tiñamos dúas e o que aconteceu é co operario estaba axionllado nunha delas, pensando cos últimos iban pola outra (quedaban dous por chegar que foron xuntos toda a proba). Os atletas non o viron e casi tropezan despois de pasar a meta pero non había ningunha alfombra recollida.