Dom, 14 Out 2007, 22:14
Asunto:
Pois eu tomei esta carreira en principio coma unha rodaxe longa para compartir con tres amigos do foro que andan medio lesionados, o colega
Aguita (e mailo seu piramidal) e
Maese Charly (e mais os seus non sei qué) e o superlativo
Callejón (e a súa cintilla iliotibial).
En fin, que eu tampouco andaba ó 100% por culpa dun catarro que levo a medias durante toda a semana. Así e todo disfrutei moitísimo da carreira porque o percorrido non é excesivamente duro... xa pronostiquei que sería bastante rápida e así foi.
Saimos todos xuntiños a un ritmo en torno aos 5'/km. ata a Praza de América. A partir de ahí separamonos de
Callejón que se mantivo a unha distancia duns 50 metros por detrás nosa ata chegar á Porta do Sol. O trio aguantamos xuntos a ritmos de entre 4'40'' e 4' 50'' ata a metade da
Avenida Florida onde
Aguita e mais eu tiramos forte sobre os 4' pelados ata chegar á entrada das pistas de Balaidos. Eu xa iba xustiño de fuelle e cando tiven que facer o xiro para entrar nas pistas vinme abaixo (apretara antes de tempo porque contaba que rematabamos na mesma liña de saída)... os 300 metros finais fixeronseme eternos e, coa axuda do meu compañeiro, chegamos xuntiños ao estilo imposto polo mítico
Bytheface
Bóa mañan para correr. Bonito detalle o dos gañadores (collidiños da man) entregándolle o trofeo á filla do homenaxeado ex-concelleiro Antonio Nieto Figueroa "Leri". Bóa organización, bó reparto de bebidas e camiseta. O sorteo demorouse demasiado, é certo, pero os premios moi bós (incluido un cambio de aceite para o colega
Charly que realmente lle tocou á sua filla pequena e superforeira
Clara quen, por certo, fixo unha brillante carreira para a súa idade, mostra de pundonor e saber estar ata o final).
Pésima actuación da Policía Local que debía ter presa por pasar por caixa a cobrar algunha "disponibilidade" xa que en canto pasamos os de 4'45-4'50'' /km. empezaron a deixar pasar coches, autobuses... a mandar á xente ás aceiras e facer parar aos que facían a proba andando nos semáforos. Señores... a proba chamábase
Carreira Popular "Correr e andar". Vigo + 11" e se a xente que participa faino andando digo eu que haberá que darlles un trato semellante aos que participan na mesma correndo. ¿non? Dende este foro critiquei a semana pasada que a Policía Local de Marín deixou pasar automóviles entre os corredores, pois esta semana tócalle á Policía Local de Vigo... isto non se pode consentir. Se non se garante a seguridade dos participantes non autoricen unha carreira-marcha... ou fágano por lugares onde molesten menos a circulación que, en calquera caso, un domingo entre 10 e 12 da mañan tampouco é tan grande e dubido moito que tivese tanta presa. Pois iso, á Policía Local de Vigo un 0 patatero... e é moito.
Edito a mensaxe porque me crucei con
Morangui... sí, estivemos a buscarte tanto antes como, sobre todo, despois da carreira pero como facía o bó día que fixo deducín acertadamente que andarías a trotar por eses montes de dios, que son o teu. Non pasa nada, ruliña, estivemos todos moi ben sen ti

...é broma... botámoste en falla, pero outra vez será. Saúda a Adri da nosa parte, e a ver se se da recuperado dunha vez.
Nova edición... esta vez engado plano do percorrido da carreira para que, quen coñeza Vigo, avalíe o mesmo así como posibles alternativas menos problemáticas para o tráfico