Xov, 19 Nov 2015, 18:26
Asunto: Re: Precauciones cuando salimos a correr
Os millores desexos para o accidentado e que se poña ben pronto.
A continuación as obviedades de costume.
Coche vs peatón: Gaña o coche no 100 % dos casos. Por moita culpa que fóra do conductor do coche, a indemnización a percibir por ti ou polos teus lexitimarios non compensa un sufrir un atropelo por moi leve que sexa. A razón nos temas de tráfico é bastante subxetiva e en calquer caso non che fai inmune aos atropelos. En consecuencia evitar ser atropelado debe ser a prioridade. Prudencia e atención.
Cómpre ir con coidado sempre. Evitar os sitios perigosos como por exemplo as estradas de circulación intensa, inda que haxa Beiravía amplo. As pistas das aldeas son mellor opción, pero sen perder a precaución. As pistas forestais, parcelaria, parques, xa fetén.
De noite sempre chaleco refletante. Unha persoa sen chaleco pola noite é completamente invisible. Evitar as estradas, inda que haxa beiravía ancho.
Pola miña experiencia personal e na miña opinión, nunca se debe correr de costas aos coches, inda que non haxa beiravía. Nunca perder o perigo de vista.