Dom, 22 Nov 2015, 22:43
Asunto: Re: IV Media Maratón Solidaria Zona Aberta
Que queredes que diga a maiores do que dixeron os compañeiros, pouca cousa podo contar.
Entrega dorsais e camisitas, organizada, con moita xente e moi áxil. Dúas listas de inscripcións, para non pegarse a mirar o número de dorsal.
Un posto de información para as dúbidas.
Durante a carreira liebre de 1:25 a 1:59, máis de 6 avituallamentos, con auga e fruta. Animación en 3 puntos do recorrido, nas zonas máis alonxadas.
Ánimos e aplausos a pasar por o centro.
Chegada a meta con un avituallamento de luxo. Auga, isotónica, fruta, iogurt, barritas enerxeticas... Chocolate, rosca, churros, bica, larpeira... e xa non sei se me deixo algo atrás.
Masaxistas, e 3 lugares para durcharse.
Grupo de zumba e animación o rematar, bo ambiente nesa post carreira.
Entrega de premios moi axil.
Seguramente o circuito de MM máis rápido de Galicia.
Dúas clasificacións finais...
En serio se podo mellorar, non vou se eu quen diga que non, pero isto é unha carreira solidaria, onde aínda queda unha cantidade considerable de beneficios para entregar.
O único malo, que non puiden tomar unha cervexa con Xabi
A verdade non sei que decir máis, so que o ano que ben aquí estarei, sexa correndo, sexa de espectador, ou sexa axudando... Pero a carreira o merece.