Lun, 23 Nov 2015, 16:44
Asunto: Re: IV Media Maratón Solidaria Zona Aberta
Boas
A carreira gustoume bastante, sobre todo o cariño que lle vexo á organización nos detalles, algo que boto en falta nalgunhas carreiras con moitos máis atletas:
- Recollida do dorsal ata minutos antes da saída. Esto agradécese aos que imos desde lonxe e que non temos que meternos un madrugón moi grande.
- Camiseta de tirantes, que para entrenar polo verán vén moi ben e non se ve en case ningunha carreira.
- Todos os km marcados ao longo do circuito.
- Circuito plano.
- Excelente avituallamento na meta: auga, Acuarius, comida variada, chocolate, biscoito.
- Mención especial ás 2 rapazas que estaban animando no límite entre Carril e Vilagarcía.
Como pega, algo vital en calquera organización, é que
faltou auga en 4 avituallamentos: na saída na 2ª volta, en Vilaxoán na 2ª volta e en Carril nas 2 voltas. Espero que esto o teñades resolto nas próximas edicións, xa que é algo fundamental e tan simple como sumar o número de participantes e multiplicar por un factor de corrección no que se teñen en conta aos atletas que collen 2 augas e a algúns que corren sen dorsal, con dorsal fotocopiado,... anque nesta carreira non me pareceu ver xente con dorsal pirata.
A alfombra de ChampionChip en Vilaxoán estaría mellor se fose máis ancha, xa que era posible pasar polo lugar sen pasar por enriba.
Ducheime en auga fría nas duchas que estaban ao lado da meta. Non sei se había outras con auga quente, pero bueno, esto é algo habitual.
Moitas gracias a todos os organizadores, moi bo traballo.
Espero estar na saída o ano que vén.
www.twitter.com/JesusAmieiro