Mér, 25 Nov 2015, 9:03
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K (29-11-2015)
Bos días amigos/as!!!
Antes de nada, queremos darvos as GRAZAS encarecidamente pola gran acollida e apoio que tivo e ten esta segunda edición da “Romaría Vikinga 10k”
Cando decidimos sacar adiante por segundo ano a carreira, nunca pensamos que teríamos que vernos nesta tesitura, pero por sorte, ou por mala sorte, vémonos obrigados a limitar a participación absoluta a 400 corredores, e as categorías escolares a 350 corredores.
O motivo de tomar dita decisión, é que, nunca pensamos que acadaríamos tales cifras de inscritos, e desgraciadamente non podemos facer fronte tanto a avituallamento como a agasallos que superen estos números. Tampouco a nivel organizativo e de estructura estamos preparados para recibir máis de 750 participantes.
MIL GRAZAS a todos por querer acompañarnos o día 29, esperamos que o comprendades e aseguramosvos, que o vindeiro ano estaremos preparados para recibirvos e acollervos a todos vós.
Traballaremos a reo para que o domingo saia todo o mellor posible.
MOITÍSIMAS GRAZAS VIKINGOS!!!