Ven, 19 Out 2007, 23:14
Asunto:
Sentindoo moito, eu non vou entablar nengún debate con ninguén. Penso que a miña opinión é miña. Non pretendo que ninguén pense o mesmo ca min porque sería absurdo pretender tal. Tampouco dixen nunca que fose unha opinión maioritaria... nen moitísimo menos.
Evidentemente non debemos pensar todos igual... sería un mundo aburridísimo... do mesmo xeito que algúns quedaremos "
ad aeternitatem" para postes de viña e outros, mentras o corpo lle-lo permita, serán "gacelos" de zancadas de 3 metros e non sei cantos pasos por minuto... sorte que teñen... ¡¡Xa quixera eu!!
Só por disentir... non dixen que a organización non faga caso... dixen que supoñia que non admitirían suxerencias... non que estivera certo de que non as admitirían. A ver si leemos ben e apreciamos os matices, que para algo hai tanta diversidade lingüística tanto en galego como en castelán. Por certo, que non teño o menor problema en expresarme na lingua de Cervantes... digoo por se ese pode ser o motivo das malas interpretacións.
En fin, que non vou perder máis tempo con este tema. Está bonito isto de debatir, pero teño fame e vou cear algo... non os chuletóns dos do CAR de Santiago, pero farase o que se poida, que hai que manter o bandullo.