Mar, 20 Out 2015, 17:49
Asunto: [DU] IV Duatlón Trail de Ribeira (29-11-2015)
Día: 29 de novembro de 2015
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións:
www.galitiming.com
Páxina web oficial:
www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 18 km. en BTT + 6,5 km. Trail
Custe inscrición: 15 € individual - 25 € equipo
Data límite inscrición: 22 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 250
Un ano máis e no derradeiro fin de semana de novembro chega o Duatlón Trail de Ribeira, con renovados percorridos e novas sorpresas ao longo del que facerán a proba máis divertida, competitiva, e aberta ás posibilidades de tod@s @s porque queremos incidir no caracter popular da proba, pero á vez ofrecer nivel de competitividade para aqueles que buscades superar bonitos retos.
Para aquel@s que coñecedes o Duatlón Trail de Ribeira, advertivos que o percorrido do tramo de Trail cámbiase completamente, nada que ver co que coñecedes ata agora. Amplíase en algo máis dun quilómetro respeto a edicións anteriores, e anúlase totalmente o primeiro quilómetro de asfalto que axudaba a soltar as pernas logo da transición. Ainda así, e pese a ser o percorrido por piso de terra mantemos a dificultade mínima nese primeiro quilómetro para que se poda facer unha transición sen sobresaltos musculares.
Pero as sorpresas non rematan ahí, porque o recorrido do tramo BTT tamén sufre variacións. Novamente alteramos o percorrido en máis de 2 km. respetando a distancia e a maior parte do trazado orixinal que tanto vos gusta, pero mantendo a ilusión do primeiro dia ofrecendo e mellorando os tramos.
Nesta edición tamén contamos con cronometraxe dual RFD mediante chip a cargo de Galitiming, pantalla con resultados en directo, reloxos electrónicos con crono na liña de meta e na transción, camiseta técnica conmemorativa, e dorsal personalizado en Tyvek.