Dom, 22 Nov 2015, 10:02
Asunto: Re: MediaSan do Camiño 2016 10-04?
Xa que estamos no fío da
mediaSan, creo que é unha proba en ascenso en todos os sentidos, e escoller unha data con moitos meses de antelación e non movela é un signo de profesionalidade e
compromiso por parte de organizadores e patrocinadores. Sería triste que vigbay ou mediasan movesen a data sólo por evitar coincidencia (outra cousa son causas de forza maior). Os corredores merecen respeto e despois cada un que vaia correr onde queira e como queira.
Non entendo moi ben a necesidade de que non coincidan en datas dúas probas. Todas as fins de semana hai varias ao mesmo tempo
A min gustaríame ir a Catoira e a Vedra, pero vai ser que teño que escoller. Son en algo diferentes, máis aló de cuestións
subxetivas e personáis, a vibay e a mediasan?
Personalmente xa tiven a miña ración de vigbay, xa vin aquelo, xa corrín, xa me formei unha
opinión sobre o tipo de proba que é, así que se teño saúde e todo é normal irei a media esta de santiago (outra vez).
Que por proximidade, tradición, tipo de proba, ou calquer cuestión personal irá moita máis xente a Vigo? Pois si, claro, pero o mercadeo de carreiras populares que temos fai que entren en competencia polos clientes e non vexo nada malo en que coincidan. Vamos, estres cero a este respecto
(con catoira e vedra tamén
)
-- Chámame "ghose"