Foros ›
[DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16)
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
946 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 17 Dec 2015, 7:41
Asunto: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16)

VII Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo que se celebrará el 10 de enero del 2016.

Segmento 1: carrera a pie 5,4km
Segmento 2: bicicleta 21km
Segmento 3: carrera a pié 3,6km




Máis información y inscripciones: vimianzo.galitiming.com/


Última edición por memphis_ESP o Ven, 08 Xan 2016, 11:45; editado 2 veces
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
946 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 17 Dec 2015, 7:44
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo (10/01/16)

Alguén que participara o ano pasado... ¿zapatillas de trail ou asfalto?
yosimura

Novo foreiro
Novo foreiro
29/08/13
10 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Dec 2015, 8:32
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo (10/0

O circuito a pé non tiña "monte", sólo asfalto e pista agrícola en boas condicións. Eu correra con zapatillas de asfalto. E este ano supoño que tamén.
Mellencamp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/07/11
0 Carreiras
124 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Dec 2015, 15:55
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo (10/01/16)

Allí estaremos. Esta año llegué a tiempo de apuntarme pero hace un momento quedaban solo 7 plazas...
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
946 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 08 Xan 2016, 11:39
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo (10/01/16)

Duatlón anulado: www.vimianzo.es/novas....=gl&sec=83

Unha mágoa Chorando
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 28 Xan 2016, 7:28
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16)

lembremos que se celebra o día 21 de febreiro

Nunca participei, e poreille unhas cubertas acorde co regulamento, pero vendo a foto do cartel... esas rodas non parecen das "gordas" (min. 1,5"). Esto mírano ben? digoo porque non quero facer trampa, pero tampouco ir arrastrándome con unhas rodas gordas sen necesidade.

-- Chámame "ghose"
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
946 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 16:20
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16)

Piden unhas rodas de mountain bike normais. Non sei a que rodas te refires.
chinasky

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/10/13
1 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Feb 2016, 9:36
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16

Moi boas alguen da zona vai recoñecelo circuito a ver que tal de lameiras? e que non sei si quitala de taco jordo de atras si esta moi encharcado deixoa
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Feb 2016, 22:44
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16

Hoxe mércores pola mañá fun facer o tramo de bici por última vez antes de domingo.
Tiven sorte porque apenas chovera e o circuito estaba bastante ben salvo o famoso tramo da ponte onde había máis lama da habitual (pero pouca auga) polo que ese anaco, duns 400 metros, fíxoseme moi pesado.
O caso é que cheguei a casa e aos poucos minutos empezou a chover de forma moi intensa durante todo o día polo que, se o tempo non mellora daquí a domingo, penso que nese tramo vainos dala risa.
O outro tramo complicado, uns 200 m onde soe acumularse moita auga, hoxe pasábase bastante ben en comparación con outras veces, aínda que uns 10-15 cm de profundidade non chos quita ninguén. O domingo imaxino que estará peor pero teñoo pasado con moita máis auga da que había hoxe e non me fixo falta poñer o plato pequeno (e iso que na bici son un paquete); con plato grande e un piñón grande non debedes ter problema.
De rodas e demáis complementos da bici non teño nin idea de cales son as máis adecuadas porque de bicis non entendo nada. O que vos podo dicir é que fixen as dúas voltas tropecentas veces (o sea, en seco, en mollado, en barrizal, en inundación,...) nos últimos meses e en tódolos casos fun ca bici que teño, que é unha de 300 euros do decatlon que penso que non ten nada de especial e sen problema. O meu mellor tempo foi de 56 minutos (con condicións meteorolóxicas e de circuito ideais) pero case sempre me levou entre 1 hora e 2 minutos e 1 h 6 min (o meu peor tempo foi 1 hora e 8 minutos precisamente hoxe Triste ). Polo tanto, como vedes, penso que podedes traer a bici ca que andades sempre, cas rodas de sempre, e con todo o demáis tamén de sempre porque o que melloredes nun tramo empeorádelo noutro.
Tede en conta que o circuito faise todo co plato grande salvo ese anaquiño de 400 m onde vos recomendo que metades plato pequeno e piñón enorme porque doutro xeito posiblemente quededes atascados no barro (como me pasou hoxe na primeira volta; na segunda xa ía ca lección aprendida e moito mellor).
Vamos, que por 400 m complicados (nun total de 20 km) eu non poñería rodas especiais a día de hoxe (e o domingo penso que tampouco).
Perdoade polo ladrillo.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 18 Feb 2016, 8:08
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16)

moi instructivo, gracias Guiño

-- Chámame "ghose"
chinasky

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/10/13
1 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Feb 2016, 10:24
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16

Gracias crack mas claro auga ou lameira jj
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Feb 2016, 22:35
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16

Seguindo cos meus ladrillos, aos que non coñezades o circuito (é o dos anos pasados), dicirvos que:
1) O primeiro tramo a pé, duns 5 km (as distancias que dou son todas aproximadas, que non teño GPS), empeza en asfalto durante 1 km máis ou menos case todo favorable (o final tira algo para arriba) ata chegar a unha granxa. Logo, xiramos á dereita e entramos en zoas de pista forestal (algún tramo puntual ten algo de lama e auga sobre todo contra o final) que pican en xeral tamén cara arriba (altérnanse lixeiras subidas con llanos) durante uns 2 km. En canto cheguedes a unhas torres de alta tensión alegrade esa cara porque daí ata meta é todo lixeiramente pa baixo-llanear.

2) O segundo tramo, os 21 km de bici, son 2 voltas a un circuito de 10,5 km. Ao principio, o anaco de asfalto, coincide co tramo a pé, pero logo, ao chegar á granxa, en vez de xirar cara a pista forestal, hai que seguir polo asfalto cunha subida duns 300 m que tira algo do peito pero que se pode facer a plato; iso si, cun piñón algo grandiño (bueno, falo por min, claro; os que vaiades a pola victoria supoño que non vos fará falta).
Logo da subida, baixada curta (uns 200 m) pero empinada onde podedes meter todo o que teñades pois é asfalto, sen curvas e con perigo cero. Logo ven un llano duns 400 m, tamén asfaltado, e despois un xiro de 90 grados á dereita, onde xa entramos no tramo de pista forestal. Durante km e pico podedes darlle caña porque é case llano (algunha zona sube mooooi lixeiramente). Despos desa subidilla hai unha baixadiña onde podedes aproveitar para ir metendo piñóns grandes porque vos vai facer falta, xa que cara a metade da baixada collemos un desvio á dereita e entramos na primeira zona complicada polo tema da auga.
É un camiño duns 600 m onde o peor son os primeiros 200 m pois aí é onde soe acumularse bastante auga e, entre que o camiño non é moita cousa, a auga e que despois da auga hai subida con algunha que outra pedra e ramas, se levades piñóns pequenos ides pasalo mal. O plato grande si que o podedes levar sen problema todo este anaco.
Tras este camiño temos outra zoa onde podemos dar caña (é bo terreno e sen ningún perigo), con lixeira baixada, llano e lixeira subida onde hai que subir un par de piñóns. Trala subida podedes meter de novo todo o que teñades porque hai un longo treito de llano picando cara abaixo (poden ser uns 2 km). Chegaremos ao sitio que vos dicía antes das torres de alta tensión, onde seguimos baixando polo camiño que antes fixemos correndo, ca diferencia de que agora, contra a metade da baixada, temos que torcer á esquerda e meternos polo tramo realmente complicado do circuito.
Según entredes nese camiño, subide piñóns porque ides agradecelo despois. Os primeiros 400 m non teñen nada pero logo ides atopar unha baixada non moi pronunciada (coidado que polo medio hai un par de pedras jodidas que están algo tapadas pola herba) e ao final da baixada empeza o inferno. Torcemos á dereita e espérannos uns 400 m de barrizal, auga, e pedras que teñen un llano, unha baixada ata chegar a unha ponte e unha subida na que o problema non é a pendente senón como está o camiño. En todo este tramo (desde as pedras "escondidas" ata o final) metede plato pequeno e piñón enorme porque case seguro que ides ter que poñer pé a terra varias veces e arrancar cun desarrollo grande no medio do barrizal é jodido (sei do que falo...)
Ao final dese inferno, luuuume, porque é todo baixar-llanear sen perigos. Un km e pico despois hai outro desvio á esquerda e logo xa case seguido, á dereita camiño do final. Ese último tramo de pista (todo llano) ten algún sitio onde hai algún que outro charco pero nada grave despois de todo o que temos pasado.

3) O último tramo a pé, duns 3 km e medio largos, é sinxelo (cansancio aparte...), pois salvo o 1º km (o sea ata granxa do primeiro tramo) que pica ao final algo para arriba, o resto é todo llanear e baixar por bo terreno. Só nalgúns sitios moi puntuais podemos atopar algún dos charcos que comentei que podiamos atopar ao final do tramo de bici, pois o último km e pico coincide co de bici.

E isto é todo. Que o imos pasar ben, xa vos adianto que creo que si.

Ah!, para os tramos a pé serven as zapatillas de toda a vida.
Novamente perdoade polo tocho.
erpvp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/04/11
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Feb 2016, 12:15
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16)

Muchas gracias por la detallada información
chinasky

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/10/13
1 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Feb 2016, 17:38
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16

Moitos gracias a organización nunca defraudan en vimianzo lástima da galleta que me metin por andar peleandome co cambio jj po ano esperamos mais lameiras Aplauso Aplauso
franchisco

Novo foreiro
Novo foreiro
16/01/16
0 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Feb 2016, 23:48
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16

Bonita mañana!
Muy buen ambiente y la organización perfecta!
Donde se pueden consultar los tiempos?
Saludos!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos