Dom, 20 Dec 2015, 14:04
Asunto: Re: XI Carreira Mar de Boiro-9º Memorial Pepe Buceta (20/12
Eu non puiden estar por motivos laborais, pero gustariame transmitir a opinion da miña parexa, da cal quero resaltar que e a primeira vez que se queixa dunha organizacion.
Vamos o tema, o que a ela lle pareceu mal foi que nos primeiros quilometros o seu paso polos cruces xa os abrian o trafico ainda que viña xente por detras, mais adiante xa ela se encontrou trafico rodado xa que xa abriran os cruces o trafico, co conseguinte pereigo para asua integridade fisica e de outros participantes. E por ultimo e para colmo, nunha aldea na que habia cruces de camiños, parouse xa que os cruces non estaban cortados nin a carreira marcada e non sabia se se saira do recorrido ou se ia ben, xa que non via os corredores que ian diante e esperou polos que viñan por detras e tiveronlle que preguntar a un veciño da aldea por onde continuaba a carreira. Logo no seguinte cruce si habia xente da organizacion e comunicaronllo o sucedido para que enviasen a Alguen.
Despois cando chegou a meta xa non quedaban platanos, pero isto xa lle dou igual, a ela o que nin lle gustou foi que abrisen o trafico habendo corredores e que non estivese ben senalizado nalgun lugar.
Conclusion, eu xa sei que e dificil organizar e levar a cabo unha carreira, e con esta critica non quero perxudicarvos, eu so intento transmitirvos o que a miña parexa me expuso a min, esperemos que se teñan enconta as criticas e se intenten solventar na medida do posible oara outros anos.
Eu se podo irei e miña parexa tamen a pesar do desencantada que acabou,por que o fin eo cabo senon apoiamos as carreiras e as organizacions non teriamos carreira.
Un saudo e perdon polo tochaco.