 
             
          
             Mar, 23 Out 2007, 23:40
          
          
            Mar, 23 Out 2007, 23:40            
            Asunto: San Martiño
          
          
          E dificil ser obxectivo despois de 20 anos correndo esta prova. Despois de 20 anos de xeadas, choivas, calor; saidas desde a Alameda, desde o Pazo de Xustiza, desde Os Remedios; de controis con cordeis marróns e vermellos. 
 Despois de 20 anos nos que ás veces fun só, depois de noites de troula e magosto, outras fomos dous amigos, e sobre todo, nos últimos 6 anos, onde xa disfrutamos do espíritu do Pato Blanco.
 Xa me teño pronunciado sobre a "inxusta xerarquización de carreiras". Cada unha ten o seu engado, a sua maxia: non hai duas iguais.
 O que está claro é que o San Martiño ten algo especial. E para os que nos sentimos ourensáns, ainda máis!!!