Mar, 29 Dec 2015, 15:59
Asunto: Re: [VIGO] G.P.Pedestre do NADAL(Carreira do Pavo) 27/12/15
Boas,
Agradezo os comentarios.
Antes de nada comentar, xa o fixen por megafonía, que atopamos un HTC que iba no brazo dalgún atleta. Tiña a foto de dous cativos en piragüa. Entregámolo a policía.
Sobre o resultados, o transmito ao secretario (está grabado en vídeo) polo que si hai algún erro o correximos. De tódolos xeitos, tivemos algunha persoa que correu con dorsal de chica, sendo home. E iso levou a erros.
Sobre o percorrido xa os comentamos que tivemos que cambialo a última hora. A idea incial foi Beiramar, pero a policía comunicounos o mércores pasado que non podíamos pola apertura do Centro Comercial A Laxe. Demos varias alternativas (saír por ahí e non voltar a pasar, regresando por Torrecedeira, por Jacinto Benavente, ir por Rosalía de Castro, etc. ) e dixeron que non, por diferentes motivos. Non quedou outra opción. Tampouco se pudo prolongar o circuito máis alá da estación do tren xa que a policía quería que tivera saída constante por algún lado.
Por Google Earth daban 5000 volta.
Perdoar polo tema da distancia pero polo GPS non me fío moito. Polos tempos dos primeiros non se estivo moi lonxe. Pérdese moito nas curvas, adoquinado e madeira do pantalán. Akka foi o que tirou toda a primeira parte e estamos falando dun atleta que podía ir 3:05/3:10 .
Sobre o custo. Obviamente investiouse todo nos atletas.
Os maiores gastos foron :
Premios metálico + camisetas 3000€
Trofeos 700 € ( benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, séniors, veteranos A,B, C e D )
Aluguer de conos, palco, megafonía, froita, xuíces, algún personal 800.
Sobre o tema da camiseta algodón vs. Polyester (chamada técnica polas marcas) eu optei pola de algodón. Podemos discutir o tema, pero as de Polyester boas teñen un custo que era inasumible. Polo que os comentaba.
Entre unha de polyester mala (a maioría son así) e algodón optei por algodón.