Lun, 28 Dec 2015, 12:11
Asunto: Re: VII Carreira Solidaria do Arenteiro, O Carballiño 27-12
Hola amig@s¡¡¡¡
Finanizada a VII careira solidaria do Arenteiro e en nome de Atletismo Arenteiro e Korpore carballiño queremos agradecer moi afectuosamente a tod@s(e non queremos mencionar a nadie en especial, porque nos olvidariamos de alguien seguro, debido a implicación que todos tivestedes con este evento( patrocinadores, compañeiros de equipo, forzas e corpos de seguridade, traballadores do concello, cruz roxa, etc....). Pero sin duda os verdadeiros protagonistas foron os corredores populares en todas as categorias e a xente que estubo apoiando, NORABOA. Sin duda e se tendes a ben esperamos contar convosco para o ano, e vos pedimos disculpas polos fallos cometidos. Moitisimas gracias e Feliz ano.
Dende aqui queremos facervos chegar as palabras do organizador do evento:
José Manuel Dacal, como concelleiro de deportes, síntome moi orgulloso do traballo realizado polos membros de Atletismo Arenteiro e Kórpore, destacar aos seus responsables Luis, Totó, Ramón, Toño, Luciano e Miguel, todos eles xunto co persoal do concello carballiñés, levaron a bó porto esta carreira solidaria na que se promocionou o deporte cunha alta participación, o turismo na nosa vila xa que foron moitas familias as que quedaron todo o día no Carballiño e xantaron nos nosos restaurantes e por último un fin social xa que se conseguiron recaudar máis de cincocentos kilos de alimentos non perecedeiros que foron doados á Cruz Vermella e a Cáritas do Carballiño.
Non me podo esquecer de agradecer a tódolos patrocinadores (foron moitos) que puxeron o seu grao de area para facer grande esta proba, unha proba que reuniu a 700 atletas de tódalas categorías e que co apoio que se lle está a brindar ten que chegar aos 1000 participantes nas vindeiras edicións, agradecer tamén a paciencia dos veciños que tiveron que agardar uns intres para poder transitar por algunha rúa, sair dalgun garaxe, etc....son cortes necesarios para levar a cabo un evento desta magnitude, xa para rematar tamen valorar o traballo dos voluntarios de protección civil e cruz vermella así como dos axentes da policía local e garda civil que participaron na proba. O meu agradecemento tamén ao concello de Maside pola cesión da súa carpa.
Grazas, grazas e grazas.
Jose Manuel Dacal Fernández
Concelleiro de Deportes do Carballiño