Foros ›
Autor
Mensaxe
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Sáb, 19 Dec 2015, 15:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Dale duro a los abdominales Meiga, son buenísimos (dicen) para correr, y además le ponen a uno tipito.
Aunque intuitivamente la razón le impulse a uno a creer que se iría mejor sin abdominal de ningún tipo, y habiéndose abandonado por completo a los placeres de la buena mesa...



(counterintuitive reasoning sucks)

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 21 Dec 2015, 18:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Ó final no houbo series de abdominais nen sábado nen domingo.

Pero polo menos onte pola tarde fixen unha microsaída, dada a falta de tempo, porque tocaba ir a Catoira onde os meus pais.

Como o das 10 voltas pola Balbarda acaba sendo monótono, e non quería forzar moito a máquina pola Guía, decidín probar unha ruta alternativa pola zona da Rúa Arnela... Asi que enfilei por Dr Corbal, pero torcendon xa pola travesía da Oliveira, ETEA, Rios e desvío á esquerda, no desvío que sae do pilón cara as Sete Torres... A verdade é que a pendente nesa zona non nada que envexarlle á subida da Avenida de Doña Fermina na Guía.

Xa logo á man dereita a rúa Arnela, mais ou menos llaneando, logo baixada á Igrexa de Teis, e llaneando outra vez ata a costa de Ríos. Asi que a verdade non aforrei moito en subidas con esta variante. Pero é certo que segue a ser un traxecto tranquilo e sen coches... Iso si, algo mais curto que ir pola Guia e a carballeira. Saíron un 26 minutos de entreno, casi 27, facendo uns 4300 metros. O ritmo entre 6 e 6:10. Algo cutre, pero non mais que outras veces.

Esta mañá sí que fixen abdominais, e probei tamén o truco da pelota de tenis para masaxear a zona dos glúteos. Creo que consigo mellores resultados cun novelo de lá, pero tampouco me atrevo a ser tan autodidacta. Terei que asesorarme con alguén que o fixese algunha vez... Que por certo din que é algo que vai ben para os piramidais.

Xa está feita a inscripción para a Carreira do Pavo e para a Nocturna de Corre con Nos . ... Non sei se estarei enviciando demasiado, eu que so facía catro carreiras no ano agora non baixo de una por mes coma quen dí.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Dec 2015, 18:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga te voy a mandar mi Fisio por ahí .....te iba a dar con pelotitas de tenis para el piramidal.a mi me da con el codo...Jaja salto de la camilla.me enseño a estirará ver si te lo explico:sientate en una silla pon el tobillo derecho encima de tu muslo izd ...ahora coge ese tobillo drch con tu mano izda y lo vas levantado a la vez que con la mano derecha empujas la rodilla derecha hacia delante...tienes que ir probando hasta que logres que te tire ahí detrás....muchas cosas estoy aprendiendo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Dec 2015, 22:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: " The force awakens"

Non, non é realmente un título plaxiado, é mais ben como aquelas cousas que escribias na carta ós Reis pero que sabías que no che iban traer, por exemplo unha bici nova de uso exclusivo sen compartir con irmáns ... Eu por querer , quixera que se me fose despertando algo de forza por algures, pero a este paso vai ser máis ben o contrario.

E de plaxiar algún título de Star Wars, o que cadraría mellor sería aquel de "El amperio contra Paca" que soliamos contar nos chistes de " se abre el telón". Porque en menos de tres días se me queima o motor da batidora, a plancha cae ó chan e morre no acto, e a porta do forno da cociña decide despegarse, cousa que nunca tal vira ... E hoxe esperando a que viñese o do forno a ver que facer co tema, pasóuseme a hora que tiña apartada para ir correr. En fin, o amperio contra unha servidora.

Se quero que a semana pase co mínimo de 3 saídas mañá toca poñerse as pilas a fondo.

Esta noite antes de ir durmir, farei os abdominais, seguirei intentando o da pelota de tenis, pero vou tomar tamén nota dos teus consellos, Corrin, e probar o dos estiramentos na silla.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 24 Dec 2015, 0:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Debe ser que se vai achegando o momento de botar a carta ós Reis Magos, que xa me vou portando un pouco mellor. Esta mañá as series de abdominais, e esta tarde saida completa por Chapela. Poalla todo o tempo (detalle que o Garmin rexistrou como brétema, para a min que é a primeira vez que o fai). Se no fose pola veces que tiven que subir e baixar da beirarrúa por mor do tráfico, e os cans de paseo dos que tiven que zafar, se cadra saía un crono mellor, pero non me queixo: 8900 m en 50 minutos exactos a ritmo de 5:37.

A ver como me atopo o venres. Seguramente aínda dixerindo a cea de Noiteboa, pero é como cadra o de entrenar en días alternos para esta semana.

Polo demais, moi boas festas a tod@s.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Dec 2015, 16:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moi boas fiestas a ti tamen e disfrutaas en compañía dos teus!!!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 26 Dec 2015, 22:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

O entrenamento do venres saíu en 50:56 minutos, ritmo de 5:44 min/km... Algúns como Papa-Leguas corren para desatascar cañerías. Outros como Beauvais corren para comprobar o estado de forma... Eu mañá irei á Carreira do Pavo máis que nada porque estou anotada, e virá sendo o entreno que tocaría en domingo pola mañá... de cañerías afortunadamente ando ben, e o meu estado de forma non necesito nin comprobalo. Xa sei ben que estou por debaixo do meu nivel de hai uns meses, cando a Vig Bay... Se cadra aquel non era o meu nivel, só un estado pasaxeiro. Hai que ser realistas.

Hoxe fun recoller o dorsal. Tantos anos en Vigo, e ata agora nunca pasara pola Casa do Deporte , nin vira a praza da Miñoca de día... Desta tocoume un número doado de lembrar: 234.

Estiven a comprobar as listaxes, e somos 12 cincuentonas. Se quedo de séptima xa me dou por contenta. Sería unha bonificación de 150 puntos no circuito e podería rematar con 700 puntos totais... Ah, que se me esquecía, vaia lapsus, que os que imos a carreiras populares imos só a divertirnos...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Dec 2015, 10:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Leña Meiga. Primera de doce seguro.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Dec 2015, 20:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Estamos esperando tu crónica ehhhh
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 27 Dec 2015, 23:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: " Dixerindo o pavo de Nadal"

Fermosisima mañá hoxe en Vigo para ir correr. Como o meu preparador físico e utillero tiña compromiso cos seus amigos, colleu a mañá libre e quedou exento .... Total de Teis ó Areal son 20 minutos escasos de trote costa abaixo todo o tempo, e ben podía ir quentando de camiño. E así o fixen, como ía fresco decidín que había que taparse con algo que fose de usar e tirar logo. Como non me daba decidido por ningunha camiseta en concreto botei man dun poncho de plástico transparente . Parecía boa idea ó comezo, pero despois de levar con el 45 minutos, tiven que darllle a volta para que non se me pegase a suor arrefriada no corpo. Está claro que para a seguinte vez toca levar unha camiseta.
Houbo tempo de saudar a Beauvais e familia, e ata a un compañeiro de traballo que non sabía que deixara o tabaco e comezara co de correr.
Por fin a nosa quenda de saída. Ó comezo lenta, e logo xa máis animada, con espazo de abondo para correr a gusto. As sensacións eran boas, pero iso de que o trazado fose en llano... si, si que era, pero os cambios de asfalto a pedra, cemento e adoquins, mais esas micropendentes que o ollo non percibe pero si os pes,mais o vento de cara... En fin , que esta Carreira do Pavo tampouco estaba a ser moco de idem en toda a súa extensión.
Cando estaba xa a piques de rematar a volta primeira ó circuíto, vexo que se vai quedando parada unha rapaza senior que viña todo o tempo diante miña a certa distancia, e parte dese tempo aturando ó típico veterano B ou C con ganas de conversa e de apadriñar a novatas indefensas ás que agasallar con consellos e anécdotas que ninguén pide... Vale, igual era alguén coñecido dela, pero algo de brasa si que lle foi dando. E supoño que por certa solidariedade entre o colectivo de féminas que teñen aturado a algún brasas, foi polo que me saiu o de dicirlle: Animo que levas bo ritmo,non te pares!!
E a partir de ai fixemos a carreira xuntas. Contoume que era a súa primeira carreira, que entrenaba cunha amiga, á que poidemos saudar un par de veces nas zonas de doble carril ( cando a amiga xa viña de volta e nos ainda iamos )
Cando xa estabamos case en recta final dixo que aí dáballe o corpo para ir algo máis rápido. Agradecímonos mutuamente a axuda prestada a dúas bandas para levar o ritmo, e marchou apurando a zancada. Na banda esquerda da rua estaba unha nai coa súa filla pequena animandonos por cuarta vez no percorrido : " Venga campeonas!! " E xusto nas décimas de segundo que xiro e lles digo que as que merecen un premio son elas, vai e me volve adiantar un veterano cachas que deixaramos atrás a altura do Náutico. Que mais ten, entre dous ou tres postos na clasificación e gañar a unha nena pequeña para a causa, as prioridades están claras... O que me pareceu peor foi como tres corredores recortaron por riba da beirarrúa aproveitando a curva antes da meta pasándome diante...Ai como nos perde a ansia a todos nun momento dado.

E xa por fin a chegada. Coma se xa estivesemos fora de control, había algunhas persoas ocupando o acceso ó arco, e case bato con elas á hora de cruzar... Ah, pero se é Don Abel Caballero facendo declaracións á prensa !!.. Ten a súa coña, crucei tan preto que ata me saudou ó pasar.
Para andar alicaida como ando últimamente, pensaba que fixera unha boa carreira, que sendo en llano melloraria en algo o crono de Catoira ou da San Martiño. Pero cando paro o Garmin vexo que sairon 10300 m, en 55 minutos a un ritmo de 5:20...

Como non tiña ó meu fiel utillero esperando cunha camiseta seca na meta, decidin marchar de contado para casa a trote suave, para non enfriarme... E xa estaba pasando á altura do antiguo Rectorado, cando me atopo outra vez con Beauvais e familia, e amablemente me traen de volta a casa no seu coche. Fumos comentando os resultados de cada quen. El contaba con rematar en 38 minutos, pero lle saiu en un minuto mais. Pero ía contento polo posto en que quedara.

Se falamos de postos, efectivamente acabei de séptima de 11, teño a bonificación de 150 puntos asegurada, e probablemente quede de sexta na xeral con 700 puntos, no medio dunha lista de 72 participantes...pero hoxe quedei 56 de 90 na xeral feminina, e de 414 entre 483 chegados a meta. Vamos, que se ata hai uns meses facia sempre aprobado alto, agora vou claramente da metade para abaixo, e cun problema que parece que non se solventa nin co cambio de zapatillas,nin o paso polo quiropractico nin co cambio de plantillas... As molestias persistentes no glúteo dereito seguen aí. Hoxe toda a tarde especialmente, pese ós estiramientos e masaxes. Así que non logro quitarme a sensación de que algo estou a facer mal. Se cadra o que estou facer mal é xustamente sair a correr... pero sen iso, non vexo alternativas , pois non podo botar man da bici ou a piscina...

E así remata o 2015, coa ilusión que tiña de correr en Lugo dentro de 20 días e sen saber se vou recuperarme ou non de abondo como para intentalo.

Aquí vos queda a crónica . Admítense suxestións.
Marola

Mod
Mod
19/11/05
0 Carreiras
2609 Mensaxes
Ames
Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2015, 19:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Ola, Meigalicix!

Boa crónica a dá carreira do Pavo. Lin algunhas páxinas do teu diario, gústame moito a túa forma de escribir e gústame sobre todo ou de reivindicar ou 10%. Guiño

Non te agobies polo resultado, non é tan malo! Non podes facer medias sen axustar a idade. Correr a 5.20 está moi ben e non é posible estar sempre en forma óptima. Déixoche de agasallo unha calculadora de marcas para subirche un pouco a moral.

www.ardoi.es/contenido...a_edad.htm

Respecto ao piramidal, pasaches polo fisioterapeuta?

Un saúdo.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2015, 21:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Yo después de la tercera sesión en el Fisio mucho mejor pero me han dicho que mucho del dolor articular es por el tratamiento que estoy llevando.
Probarse con los estiramientos que te dije
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2015, 22:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Grazas Corrin e Marola polos comentarios, e polo regaliño.

Non son as marcas as que me desaniman, senón o feito de ver que as molestias non remiten co que ata agora solia funcionar: plantillas , 3 saídas semanais, quiropráctico cada 6 meses. Ě o temor de que vaia a peor e ter que parar unha longa tempada e privarme disto.

Si que probei cos estiramentos que dixeches Corrín, e alivianme moito. É xa fun o fisio hai un mes, e lle expliquei todo o problema, os pes cavos, a rotacion de cadeira, o acurtamento da perna dereita. E si que estivo unha hora, estirandome o psoas, masaxeando un pouco a perna o final, e mandoume para casa aconsellandome repouso, abdominais, e que me buscara en internet exercicios de pilates.

O que boto de menos ě atopar a alguén que se lle vexa gañas de coller todo o problema en conxunto e traballalo nas sesións que faga falta.

Fago ademais dos estiramentos de sempre algún exercicio de reforzo da zona lumbar e os abdominais. O que non fixen ata agora foi realmente repouso, seguín coas 3 saídas semanais, porque animicamente o necesitaba .

Ata agora os problemas que fun tendo atopeilles solución, por iso estou un pouco desanimada agora, porque sinto que o que fago non esta a funcionar. Haberá que volver ó fisio e insistir ou cambiar de fisio pero tampouco sei moito onde buscar.. Por outra parte cando che din que iso da rotación da cadeira non ten amaño e che dan a entender que hai que deixar de correr, cando ő mellor o que hai ě que deixar os traballos doměsticos ou ter que estar sentada certas horas ò ordenador... En fin...

Voume dar unha semana descanso, só estiramentos, automasaxes, e a ver que pasa.

E grazas òs que leedes por aturarme. Parece que un diario de adestramento sen algo de lamentos non ě un diario. Algúns valiamos para guionistas de culebróns.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Dec 2015, 9:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moi ben.
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Dec 2015, 12:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Excelente crónica, pola miña parte o circuito da carreira do Pavo gustoume bastante, os tramos de madeira, pedra, adoquín a verdade e que non notei penalización, e a única costa, por chamarlle algo estaba nos últimos 300 metros que foi único que non me gustou, esos metros demáis.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos