Mér, 02 Dec 2015, 9:42
Asunto: Carreira Solidaria Lalín (03-01-16)
SOLIDARIO/A!!
“Carreira a Pé, Ruta Cicloturista e Andaina”
Lalín, domingo 3 de xaneiro de 2016
“Homenaxe a Pedro Nimo”
Denominación:
O evento Solidari@!!, está organizado por un grupo de deportistas Lalinenses, en colaboración con Servicios Sociais de Lalín, Concellería de Deportes do Concello de Lalín, Asociación O Mencer e a Escola Atletismo Deza.
Regulamento:
Podrán participar todas as persoas que o desexen, tanto federados como non federados, a organización non se responsabiliza de calquera lesión, dano ou pérdida dos atletas no transcurso do evento solidario/a, así como dos nenos/as ao seu cargo.
SERÁ PUNTUABLE PARA O CIRCUITO CORRER EN GALICIA.
Data,lugar e percorridos:
En Lalín, o domingo 3 de xaneiro de 2016, con saída e chegada na explanada exterior do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis.
- 11:30 h. Andaina (distancia aproximada 6 Km.)
* Paseo Fluvial Pontiñas (carril bici e terreo zahorra).
-11:30 h. Carreira Nenos/as (500 m) NON É COMPETITIVA (medallas para todos/as)
* Explanada Exterior do Centro Comercial.
- 12:00 h Ruta Cicloturista (7,2 Km)
* Paseo Fluvial Pontiñas (carril bici e terreo zahorra ).
- 12:00 h Carreira a Pé (7,2 Km) NON HABERÁ CATEGORÍAS.
* Paseo Fluvial Pontiñas (carril bici e terreo zahorra).
Servicio de Duchas no MULTIUSOS LALIN ARENA (a 200 metros da meta)
PREMIOS PARA OS CORREDORES/AS:
Haberá premios para os 10 primeiros/as clasificados/as:
1º, 2º e 3º clasificados/as da categoría absoluta (masculina e feminina) recibirán un trofeo e un agasaio(camiseta)
Do 4º ó 10º clasificado/a recibirán medalla e agasaio(camiseta) .
Todos os nenos e nenas que participen na carreira solidaria recibirán unha medalla.
Avituallamento ó final da proba a cargo de GADISA
Inscricións e prezos:
Inscrición ata o mércores 30 de Decembro ás 14:00 h en
www.galitiming.com
Prezo de 5 € para os corredores que participen na absoluta (maiores de 12 anos)
Os menores de 12 anos = 2 Kg de productos non perecedoiros de primeira necesidade. Inscrición igualmente en Galitiming.
Confirmada a presenza de varios deportistas profesionais, en anteriores edicións participaron atletas da talla de Javier Gómez Noya (Pentacampión do Mundo de Triatlón), Iván Raña (Campión do Mundo de Triatlón), Pedro Nimo (Campión de España de Maratón) ….. e moitos máis.A todos eles,Grazas.
Obxetivo: Recadar o maior número de alimentos, xoguetes, roupa e material escolar; desexando que o domingo 3 de xaneiro de 2016 sexa unha Festa do Deporte onde o gran vencedor sexan as familias destinatarias con escasos recursos económicos.
Agradecer a colaboración desinteresada do PONTIÑAS C.C. Y DE OCIO GADIS, COCA COLA, ABANCA, GADISA,KALEKOI, GALITIMING, LALÍN ARENA E CONCELLO DE LALÍN.
Interesados en colaborar: 635 64 68 70 / danibodano @ hotmail.com
GRACIAS!!
Última edición por pinturera o Xov, 17 Dec 2015, 21:42; editado 2 veces