Mér, 06 Xan 2016, 23:06
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02
Moitas grazas pola acollida!!.
En resposta as vosas cuestións, comentarvos que son todos trails novos. Temos unha idea propia de como organizar e levar a cabo os trails. A ver se temos sorte e vos gusta.
Aproveitar para anunciar unha segunda data.
- 20 de marzo: Sanxenxo imos!. E nos vindeiros días anunciaremos o Trail de Muros. Teremos algunha cita máis en 2016 pero tentaremos facer un trail cada mes.
En canto ao Trail do Pindo, temos moi boas referencias del, pero non temos contacto con esa organización, aínda que estamos abertos a todo, claro está ...
En principio a intención é realizar novos trails en modalidade de competición individual e a súa vez como parte dun circuito galego. Tentaremos realizar 5 citas en 2016, das cales 2 están pendentes de pechar o acordo co Concello anfitrión, pero que xa están "sobre" a mesa e con boas perspectivas.
A dinámica será esa: poder competir nos que se desexe e facer, non só unha clasificación de cada proba senón unha premiación final a un circuito que tente ser un aliciente e no que "prime" ante todo a fidelidade.
Nos hubera gustado anunciar durante o mes de novembro esto, pero os acordos alónganse no tempo e de feito se caeu deste circuito hai uns días, precisamente, a primeira cita en confirmarse.
O 18 de xaneiro fixaremolo como data para a apertura de inscricións da primeira cita en Ames, e daquela xa vós amorasemos máis información sobre as opcións de participación que imos ofertar.
Ogallá teña éxito.
Saúdos compañeir@s!!.