Mar, 12 Xan 2016, 18:14
Asunto: Re: I Trail dos Penedos Salceda de Caselas
Dende A Organización soamente podemos dar as gracias a todos os participantes por asistir a esta III KDD BTT DOS CALLOS e a esta primeira edición do TRAIL DOS PENEDOS na que nin de lonxe contábamos con tanta xente. Esperamos que o pasárades moi ben e que os accidentados xa estexan recuperados ou vaian por bo camiño.
Moitas grazas a
galitiming pola rápida xestión dos tempos e por estar atento en todo momento aos que pasaban sen chip. Ademáis, moitas grazas por sacarnos as castañas do lume
no último momento. Dende logo un gran equipo, moi recomendado e co que sen dúbida contaremos en futuros eventos.
Agradecementos tamén a todos os veciños e veciñas de Castro Barreiro, así como os que sen ser se aquí viñeron botar unha man, que sen gañar nada a cambio pasaron toda a mañá no monte baixo a inclemencias do tempo para que saíse todo o mellor posible e os participantes se sentisen cómodos.
Como non, agradecer ao CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS e a toda a corporación municipal o empeño en sacar a diante estes eventos axudando en todo o que se lle pediu sen poñer unha soa pega, ata a Concelleira de Deporte Carla Pérez viu participar no Trail ;).
E por último moitas grazas aos nosos patrocinadores e colaboradores BIMCA, PINTURAS PROA, DUATEL ORANGE, JAVUCHO PUBLICIDADE, HPE TELECOMUNICACIONES, TELMOIMPORT E BANCO MEDIOLANUM.
Mención especial a Nando "
fernandobesada" que foi o que ideou o trail e o que pasou moitas horas no monte preparándoo para todos vos.
Grazas, grazas e máis grazas. Esperamos seguir sorprendéndovos en próximas edicións. Un saúdo!