Mar, 19 Xan 2016, 16:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)
Benvido Tiojuan!!! Xa facia ben tempo que non entrabas a saudar. E a ver se é verdade que poidamos coincidir nalgunha carreira antes da próxima Behobia.
Depois do esforzo de Lugo, estou cuns días de descanso. O malo é que case non estou estirando nada e xa nin me atrevo a facer memoría da última tanda de abdominais que fixen. Pero de mañá non pasa (ademáis se o escribo aqui sei que ó final fago os deberes)
Sanmikel, creo que te vou facer caso , e durante un tempo se cadra me conven facer 4 saidas curtas semanais, como facía hai tempo, en vez de 3 longas. Polo menos probarei a ver se noto melloria.
Doutor, de Riddik e de Shannara non tiña ni idea, pero de C.S Lewis un chisco si, porque os meus fillos de pequenos tiñan exemplares da colección da serie de Narnia (creo que catro libros) e aínda por riba o seu profesor de Fisica e Química da ESO lles mandaba de lecturas a triloxia que ten de Ciencia Ficción. Orixinais que eran algúns poñendo deberes...