Foros ›
Autor
Mensaxe
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 21 Xan 2016, 10:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

La receta de ropa vella me la apunto.
Por otra parte, enhorabuena por el cambio de nombre al diario. La verdad es que el 10% se quedaba corto ya, gracias en parte al gran ejemplo que dais mujeres como tú. A ver si logramos la paridad en las carreras!
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Xan 2016, 17:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

BIENNNNN alguien me hace caso yo las berengenas las relleno de carne picada las mitades que son para los cachorros llevan tambien bechamel y queso rallado las mias y del marido sin bechamel(teño un marido que se coida jeje)
e que me dicides da tortilla de pan para reciclar el pan reseso????? TE mueres de bueno que esta
miga de pan ,huevos los que admitay se hace como una tortilla francesa por encima se le echa azucar y canela
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1879 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Xan 2016, 7:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Me uno a la Felicitación por el Cambio de nombre del Diario y lo que ello representa. Espero que refleje que caminamos hacia una Sociedad más Igualitaria.
Fiel seguidor de tu diario desde hace tiempo (al igual que el otros pocos... Corredor, Freak, Corrín...) aunque mis apariciones por allí son más escasas.
Me interesan más los diarios que como el tuyo mezclan Deporte y admiro mucho a los que sois capaces de no defraudar nunca este humilde "leedor".
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 22 Xan 2016, 12:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas polos comentarios Andrés. Sorte a ti tamén en Rábade.

Imos coa crónica de hoxe: Unha vez máis so tiña media hora para darlle ás zapatillas.

Media hora en circuito pechado pola Barbarda outra vez?... Os meus pes decidiron por min que iso xa aborrecía e tiraron para a Guía. 7:30 da mañá e en inverno, se cadra demasiado cedo... Segundo ía subindo pola Avenida de Doña Fermina ía atopando algún que outro veciño paseando o can. Vale, non é tan cedo e vou por zona civilizada.

Pero a sensación cambiou cando me metín cara a carballeira, nin unha farola encendida!! . Case me como a cadea de ferro que separa o recinto, as pegadas sobre as follas caídas ían por intuición, ó camiño só se lle presupoñia a silueta no chan, e ainda tiven que zafar campo a través dun carballo caido pola tormenta. Mágoa, era dos altos de vellos. Quen sabe se medrará algún digno substituto co estrés que sofre este sitio entre cáns, persoas e romerías varias.

Na saída da carballeira cara a zona dos chalets xa tiven que ir freando de todo, non era plan de xogarse o tipo. Certamente demasiado cedo para esta ruta hoxe. E por se me quedaba algunha dúbida, ó chegar á zona da ETEA o portalón estaba pechado. Serán que nesta época do ano non abren ata as 9.... Así que houbo que tirar pola dereita, pola estrada de acceso ós asteleiros. Creo que era a primeira vez que facia esa ruta a pe. Case me desoriento cando cheguei á entrada das naves, pero xa de contado din co calexón de volta a Ríos. E a partir de aí, xa todo normal e con farolas encendidas.

En resumo, o con todas as freadas por nocturnidade o ritmo medio quedou en 6:30, e a perna dereita perxudicada. Pero iso non é tanto culpa das cosas da Guía como o non ter estirado e feito flexións esta semana, e sobre todo polas horas mal sentanda onte pola tarde diante do ordenador. Nunca aprenderei.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Xan 2016, 22:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Vas a ter que mercar luz para correr!!!!
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Xan 2016, 14:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Estuve observando las zonas por maps. Tienes mérito Meiga. No sólo por la orografía y la nocturnidad, también por la convivencia con los coches asesinos. Cuando corría por Lugo soliamos correr el Río Rato. Ahora es un paseo más o menos iluminado. Pero daquela nos fijábamos en si había luna o no para poder correr por allí. Lo mismo pasaba en la muralla.

Coruña es distinto. El paseo es distinto. Hace tiempo que no corro pola noite, pero te entiendo bien. Hasta hace poco era un clásico del Dique de Abrigo pisar un gato cuando no había luz. Extreme Sports.

La verdad es que la iluminación nueva del Dique aún no tuve la oportunidad de disfrutarla. Ya iré.

Calma que ya empiezan los días a ser más grandes.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 24 Xan 2016, 17:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: It never rains in the southern Galifornia

Facía ben tempo que non tendía as sábanas e toallas ó sol no cordel do patio, así en plan tradicional, co seu pau no medio para erguer ben o tendal e que lle dea o sol (desas cousas que só se poden facer nas favelas e non nos pisos)

Hoxe fixo unha mañá estupenda, tanto para a colada da roupa como para correr. Os termómetros marcaban entre 12 e 14ºC ás 10 da mañá, e rematei súando coma se fose unha saída de verán. 8900m en aproximadamente 51 minutos. Digo aproximadamente porque o garmin quedou sen bateria a medio camiño. Remata a semana con 3 saidas, e por fin un paseo por Chapela. A ver se pouco a pouco volvemos á normalidade. Con todo iso, o garmin non sei como demo descarga os rexistros das actividades. Suponse que esta semana cheguei ós 17 km e resulta que pon que so corrin 9. Solidariamente , a páxina de Tiramillas volve a estar inoperativa. Menos mal que teño unha táboa de excel alternativa ( que por certo non atualizaba desde o 3 de xaneiro...) Voulle ter que facer caso a un dos compañeiros do departamento de Informática: Nunca hai que deixar de lado o rexistro en papel... E se cadra si, igual tería que volver ó bloc de notas a poñer os tempos e as distancias, como facía hai 5 anos. Pero de momento estamos ben asi.

Non sei se darlle ó pedal da máquina de coser podería contar como estiramento de xemelos e sóleos, pero é o que me toca á continuación.

Mañá cita para a revisión de plantillas.
Marola

Mod
Mod
19/11/05
0 Carreiras
2609 Mensaxes
Ames
Respostar citando Envío Dom, 24 Xan 2016, 19:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Riquísimas as berenxenas! son un dos meus pratos favoritos, recheas, en musaka, fritidas... dame igual.

Tes mérito ao levantarte tan cedo para correr. Eu non son persoa ata as nove polo menos. Disimulando De calquer xeito prefiro adestrar pola mañá mellor que pola tarde, o que só podo facer as fines de semana, o resto dos días entreno a hora que poido, facendo malabares entre o traballo, a casa, os fillos e o can que tamén ten que correr. Supoño que estas multiples ocupacións que en xeral temos case todas as mulleres (o can é un extra ) non favorece que a porcentaxe da nosa participación nas carreiras sexa máis igualitaria, sobre todo a certas idades.

Un saúdo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 28 Xan 2016, 12:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Musicoterapia para convalecientes"

Como outros diarios estanse a especializar na meditación budista ou na gastronomía, eu tamén vou intentar desmarcarme un pouco da tónica de parte médico na que parece que estamos metidos ultimamente.

Un pouco de música sempre relaxa, pero depois da revisión das plantillas do luns,e este primeiro entreno semanal de hoxe (a golpe de xoves), non sei ben cal é a melodía que me pode acompañar e definir.

Se cadra aquela de "Callejuela sin salida", en voz de Juanita Reina, cantando chea de remordimento que "ni de noche ni de día , ni pa alante ni pa atrás".

Podo tratar de fuxir do lado dramático e ser máis optimista, pero vexo que de todos xeitos sigo indo "un pasito pa alante, un pasito pa atrás" coma a María de Ricky Martin... Buf, Ricky Martin, fuxe, fuxe, non me pon nada.

Se cadra sae máis a conta ir co ritmo dos tempos, como Pedro Sánchez. "Izquierda, izquierda, derecha, derecha, adelante, atrás, un, dos,tres.", pero non coas voces de Enrique y Ana, por favor!!!. A yenka que eu aprendín a bailar era a orixinal e xenuina do ano 1965, a de Johnny & Charley.



Pois asi vai a vida, a ritmo de yenka. As plantillas quedaron o luns no taller ata dentro de 10 días ( cobrándome polo arreglo case como se as volveran facer novas despois de 3 meses, creo que vou pedir explicacións cando menos, pero polo de pronto houbo que pagar...)
Tiña pensado sair mércores, pero este estado de abducción permanente (por todas esas cousas que ben dis , Marola) fixo que non saise ata hoxe, e para iso unhas míseras 10 voltas pola Balbarda en 31 minutos (ritmo de 5:50 ou asi, o garmin hoxe tampouco quixo conectar).

En fin, se Pedro Sánchez e os demais non se agobian, eu tampouco... Total o obxectivo máis cercano que teño (aínda sen confirmar) é tomar cos colegas unha ración de cocido ou de cabrito en Casa Paco de Torroña o 10 de abril... ah, si, e de paso ir antes á Vig Bay a estirar algo as pernas e facer tempo.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Xan 2016, 14:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Eu a miñas plantilla aparqueina despois de pasar 3dias con ellas e fatal de dor...teño q falar con trauma e comentarllo.de musica para correr..la mordidita Jaja del ricki tambien
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 29 Xan 2016, 22:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela:" Under pressure".

Igual que Bowie e Mercury ( que os deuses do rock os teñan na gloria)

Coa roupa de correr debaixo da de vestir desde a mañá, pensando de ter un tempo para correr despois de sair de traballar e antes de facer o xantar... Pero todo se foi torcendo e torcendo ata que por fin ás seis da tarde foi posible a transformación ( como Clark Kent pero sen cabina de teléfonos). Só tiña media hora, e como na Balbarda andan de obras, marchei para a Guía a lume de carozo.

Tan metido tiña no corpo que só tiña media hora, que acabei en 27:40 minutos, case 3 minutos menos que o habitual. Podía ter sido perfecto, pois desa hora da tarde, co sol baixando, as vistas eran de postal... Pero ó chegar á Carballeira atopeime co palco da festa tomado por unha pandilla de tocadores de yembe, que realmente , pensándoo ben, non estorbaban. O verdadeiro problema era a convención de paseadores de cans que estaban situados xusto na zona pola que tería que meterme para zafar do carballo caído co temporal.
Así que non me quedou outra que aniñarme e pasar por debaixo da árbore, xusto no momento que un dos cans se me vai achegado sen parar de ladrar, e con intencións de ir ou cara as pernas ou cara os glúteos. Menos mal que pasei rápido e o can deu a volta cos donos outra vez... Non sei se chegaron a dicir algo. Preferin non escoitar, porque a típica frase de " tranquila que no te hace nada " , non só non me tranquiliza, senón que me incomoda de abondo.

Peor sería ter pisado unha cagada de can, ou darse de fuciños coas galiñas de tan grato recordo para Aprendiz.... Por certo, que hai unha semana recibín unha mensaxe súa. Segue atléticamente vivo, e de vez en cando nos le nos foros , e manda saúdos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 8:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Facendo balance"

Case non podo dar crédito coa racha que levo, pero logrei rematar a semana con certa normalidade: 3 saídas, e polo menos unha delas por Chapela (a desta mañá). O do ritmo é o de menos , o caso é polo menos manter a rutina sen sentir o corpo coma un "cáncamo vello comido polos xérmenes da miseria" (expresión endémica balbardense aprendida do meu sogro).

Dentro dun momentiño vou sair cara a rotonda da rúa Aragón, para ver pasar o pelotón da 1ª carreira deste ano do circuíto de Oliveville, A "Correndo por Vigo 2016", do Calvario. A ver se vexo pasar a Doutor, Papa-Léguas e Andrés61, e comprobar de primeira man quen queda de hámster, coello ou tartaruga, ou se algún vai ser "paloma por querer ser gavilán" (que cantaba o Pablo Abraira).

No seus ilustres diarios xa aparecerán sendas crónicas cruzadas do que será a carreira de hoxe, así que no meu vou facer simplemente labor de recheo informativo, deixando algunhas reflexións sobre circuíto de " Carreiras Populares 2015" .

O primeiro que se pode afirmar é que a participación parece impresionante: 85 páxinas ocupa toda a clasificación das 4 categorías!!. Pero reparando na participación feminina, a cousa aínda deixa que desexar: Certo que na categoría 1 ( a dos veteranos máis novos) hai case un 20% de mulleres, pero na categoría 2 baixa xa a un 14%, na categoría 3 quédase nun 10% , e na categoría 4 cae a un 3,5% ( 7 superveteranas fronte a 195 superveteranos)... Espero vivir de abondo como para ver o día en que na categoría 1 a participación feminina ande no 45% e na categoría 4 sexa dun 20%, e sobre todo espero poder velo e vivilo como corredora popular, non como espectadora retirada.

O segundo que me ven ó pensamento é se as autoridades pertinentes valoran de verdade ou non esta participación. Digo isto porque é unha mágoa que moitas veces á hora da organización destes eventos pesen máis os conflictos entre a FGA e o Concello que o deporte de base , os clubes, a xente que corre por verdadeira afección sen outro tipo de intereses... Pero xa sabemos que isto non pasa só en Vigo, con este circuíto, senón que é universal. Menos mal que a pesar de todo podemos seguir correndo.

En terceiro lugar, o que me pregunto é o que significan realmente estas clasificacións en cada categoría, se son representativas de algo. Por exemplo, na miña categoría, a 3 F: 74 corredoras en total, pero só 25 que teñan corrido 3 carreiras ou máis , das 10 que forman o circuito... É unha proporción que máis ou menos se da no resto das categorías. Así que ó final tampouco é que haxa tantos participantes reais no circuíto como parece facendo o reconto de páxinas... Pero hai outros detalles que resultan cando menos curiosos, raros. Case sona coma un chiste que apareza o meu nome aí, de 6ª clasificada con 700 puntos, e o de Teresa Corral tres postos mais abaixo, 9ª posición con 600 puntos (cando o único que se demostra é que eu tiven que arrebañar esforzadamente en tres carreiras o que ela logrou correndo como auténtica profesional nunha soa competición).

Hai un par de semanas falaba dos resultados do circuíto con Beauvais. Él, que é asi de animoso sempre, dicíame que si con só 3 carreiras chegara a facer 700 puntos , se tivese competido en máis seguro que quedaba máis arriba. Xa lle contestei que había de quedar onde quedei igual, iso de xuntar de 1500 a 3500 puntos é para xente de clubes, que entrena de verdade, non para miñaxoias de favela que só lle dedicamos as horas soltas entre o traballo, a casa, e outras obrigas .

Se mo din hai un ano, nunca me imaxinaría xuntando 700 puntos, e se Beauvais non me insistira, creo que tampouco me tería animado a correr máis carreiras do circuíto. Así que para ser unha miñaxoia de favela tampouco foi a cousa mal.

Pero teño que darlle a razón a algo que me dicía Doutor hai uns meses, cando andabamos a voltas coa inscripción na Behobia: pode que me guste isto de correr, pero non do mesmo xeito, nin co mesmo concepto de afección, nin coa mesma necesidade que as persoas coma el . Sigo sen verme a min mesma como "corredora de circuíto" , ou entrenando con xente varias veces á semana facendo series. Porque isto de correr ven sendo o meu terceiro amor, non o primeiro, nin siquera o segundo.

Iso si, aínda que non sexa o meu amor primeiro, se me chega a faltar, se tivese que deixar de correr agora, xa non sería eu mesma.


Última edición por Meigalicix o Dom, 31 Xan 2016, 12:25; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4276 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 9:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Crónicas da favela: "Facendo balance"


Pero teño que darlle a razón a algo que me dicía Doutor hai uns meses, cando andabamos a voltas coa inscripción na Behobia: pode que me guste isto de correr, pero non do mesmo xeito, nin co mesmo concepto de afección, nin coa mesma necesidade que as persoas coma el . Sigo sen verme a min mesma como "corredora de circuíto" , ou entrenando con xente varias veces á semana facendo series. Porque isto de correr ven sendo o meu terceiro amor, non o primeiro, nin siquera o segundo.

Iso si, aínda que non sexa o meu amor primeiro, se me chega a faltar, se tivese que deixar de correr agora, xa non sería eu mesma.


Sin palabras. No hay que apuntarse a circuitos para ser amante del running. Cada uno hace lo que le dejan y puede.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1879 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 13:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hola Meiga... Recién duchadito tengo fuerzas para agradecerte lo que adivino fueron tus palabras de aliento en la Rúa Aragón. Iba fundido y ni tenía fuerzas para mirar en tu dirección. Pero se agradece Ríndose
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 19:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Me encanta tu crónica de hoy.es verdad lo que comentas de la clasificación, no siempre el que esta primero es el mejor pero es así ..el que va a todas las carreras del circuito puede ganar si queda entre los primeros si otro mejor falta a alguna.
Me encanta que "el correr forme parte de tu vida"pero creo que me gusta aun mas que sea tu tercer amor(a veces "toleamos"por la exigencia que nos metemos:mejores marcas,cuerpos mas esbeltos....a mi lo que me gusta es cuando animas a alguien y te responde esbozando una sonrisa,eso es precioso...que a veces la gente va corriendo una popular y cagandose en el de delante porque le impide adelantar sin pensar que esa persona a lo mejor es su primera carrera...y el que quiera tener marcas mínimas que se federe que en los estadios sobran pistas y jueces que te certifiquen que eres maravilloso

UF que reivindicativa estoy....tengo excusa..son las hormonas (mañana me toca inyección)





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos