Lun, 25 Xan 2016, 7:20
Asunto: Subida á Picaraña (Ponteareas)
Pendente de aprobación para a súa inclusión no calendario de Correr en Galicia, abro este foro para empezar a solventar todas as dúbidas e comentarios que presenten tod@s @s que queiran.
Empezo por poñer os datos básicos do evento, que van a ser os que aparezan no calendario cando se aprobe.
Carreira organizada polo
Clube Caminhantes do Condado, que se vai desenvolver no
Concello de Ponteareas (Pontevedra), e cun percorrido que vai dende a zoa da Piscina Municipal de Ponteareas ata a Cruz da Picaraña, polo tradicional camino da Romería da Picaraña.
Se celebrará o día 01/05/2016, o propio día da Romería da Picañara, con saída ás 10:30 horas.
Cunha distancia de 4 km e un desnivel positivo de aproximadamente 350 metros, supón un verdadeiro desafío para tod@s @s participantes. O terreo polo que discorre será asfalto-terra (pistas e camiños).
Poderán inscribirse participantes a partir de 14 anos.
As categorías serán:
- Cadete (14-15)
- Juvenil (16-17)
- Junior (18-19)
- Promesa (20 a 22)
- Senior (23 a 34)
- Veteranos A (35 a 39)
- Veteranos B (40 a 44)
- Veteranos C (45 a 49)
- Veteranos D (50 a 54)
- Veteranos E (55 a 59)
- Veteranos F (60 e máis)
Será necesario mínimo 4 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
Haberá premios (medallas) para os primeiros clasificados, masculinos e femeninos, de cada una das categorías descritas.
Igualmente haberá un premio en metálico, de 100 €, para record de carreira, masculino e femenino, absoluta. A intención e establecer un premio en metálico (que poderá ser acumulativo) para as seguintes edicións que superen os tempos record establecidos nas anteriores edicións.
A inscrición é de 5 € (próximamente se indicará o medio para inscribirse).
Os participantes contarán con un avituallamiento líquido e sólido ao chegar á meta.
A información se actualizará na web
http://www.caminhantesdocondado.es/subidapicarana2016/[/b].
Calquera consulta se poderá efectuar no seguinte foro:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=17993
Última edición por XoseCarlos o Lun, 18 Abr 2016, 19:38; editado 6 veces