Foros ›
Trail Galaica Concello de Ames 28/02
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Xan 2016, 23:52
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Boas noites.

Desculpade que levamos uns días sen dar detalles sobre a organización do circuito, pero a verdade e que estamos sumando sedes e Concellos interesados en formar parte de Trail Galaica.

Antes de nada, falaremos da primeira cita:

- Ames é un trail accesible para todo o que queira iniciarse no trail. Ten zonas para correr e o desnivel acumulado non é excesivo. Os desniveis máxima rondará o 20% en zonas moi puntuais. O vindeiro luns reuniremonos co Concello e procederemos a apertura de inscricións.
Deixovos unhas pistas sobre o que faremos:

> A saída será na Ponte Maceira, lugar fermoso como podedes ver no video que grabamos o pasado sábado nunha saída realizada para recoñecer o terreo e que subeu o compañeiro XoseM.

> A meta estará ubicada na cidade deportivo do Real Aero Clube de Santiago, os cales están a colaborar neste proxecto dándonos facilidades para poder levalo a cabo.

> Os participantes deberán dirixirse en primeiro lugar as instalacións do Aero Club a recoller o dorsal, aparcar os coches e coller unha serie de autobuses que fletaremos desde a organización para trasladarvos ata a Ponte Maceira onde se dará a saída da proba.

> O percorrido estará preto dos 20 km (esta semana concretaremos a distancia porque temos que rematar de atar algún cabo solto na ruta)

> Nas instalacións do Real Aero Clube poderedes ducharvos, desfrutar dun servizo de fisioterapia, avituallarvos e incluso poremos a disposición dos interesados, un menú para o que desexe quedarse a xantar. O lugar e fermoso.

En canto as novas sedes, Muros e A Pobra estarán entre as mesmas; pero isto non rematará ahí, pois estamos pendentes de ter algunha cita máis non noso calendario que pronto anunciaremos.

Non vos perdades a primeira cita!.
Non olvidedes seguirmos nas redes sociais onde teredes información máis fresca sobre as sedes 2016 e fotos das rutas que imos facendo (Facebook: www.facebook.com/Trail...fref=photo , e Twitter: twitter.com/TrailGalaica !!

Saúdos!!


Última edición por TrailGalaica o Xov, 21 Xan 2016, 7:13; editado 2 veces
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Xan 2016, 7:05
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Deixovos unha imaxe da ruta de Sanxenxo quitada este luns


PIPOTE

Novo foreiro
Novo foreiro
28/01/16
100 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Xan 2016, 19:11
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Constructivamente , gustaríame comentarvos que penso que a un mes xusto da carreira, deberiades de darlle un pouco de vidilla ó asunto!
Eu estou agardando unha pouca máis info do tipo de distancia final ( xa via a estimada de 20km) o desnivel acumulado ( falades dun 20% , pero eso sería a pendiente máxima), prezos... e mais fotos.

Entendo que o tratarse do primeiro Trail e da primeira edición dun circuito.... da moito choio e queredes facelo ben... pero honestamente; a ausencia de movemento no foro , unha web sen funcionar e un perfil faceboook con escasa información.... sembra dúbidas!

persoalmente teño moitas ganas e a firme intención de asistir... pero creo que os detalles que acabo de mencionar xeran incertidume @s corredor@s.

Insisto, constructivamente !

Moito ánimo e agardo novas!!
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Xan 2016, 9:28
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Estimado PIPOTE.

Explicámosche o asunto que nada ten que ver co trail de Ames, que está todo pechado. Entendemos e compartimos a túa crítica:

Temos 6 probas concertadas neste circuito, e aínda que é o noso desexo quitar toda a información á vez (creo que é lóxico que o vexades todo) non depende de nós pechar as sedes. Aínda así, hoxe agardamos ter todo pechado.

Anunciamos o seguinte que agardamos poidamos mostrarvos hoxe:

SEDES TRAIL GALAICA 2016:

DATA PROBA

28 DE FEBREIRO TRAIL GALAICA AMES
20 DE MARZO TRAIL GALAICA SANXENXO
8 DE MAIO TRAIL GALAICA A POBRA
29 DE MAIO TRAIL GALAICA MUROS
25 DE XUÑO TRAIL GALAICA BOBORÁS
17 DE XULLO TRAIL GALAICA NOIA
11 DE SETEMBRO TRAIL GALAICA SOBER

Estamos tentando pechar unha séptima proba no Concello de SOBER.

Esta é a única razón de agardar. Pero o luns máis tardar tedes a ficha técnica do Trail de Ames que percorreremos mañá sábado (interesados escribide por privado) co track, desnivel positivo, desnivel acumulado, avituallamentos, agasallo, categorías ... todos que xa temos.

Non hai incertidumbre ningunha, só que queremos darvos toda a información pechada para que vós poidades programar os vosos calendarios.

Aínda así, grazas pola crítica. Nós fai aínda apurar máis.

Un cordial saúdo
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Xan 2016, 17:24
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

E xa HABEMUS calendario definitivo 2016 de TRAIL GALAICA:

1- 28 DE FEBREIRO TRAIL GALAICA AMES
2- 20 DE MARZO TRAIL GALAICA SANXENXO
3- 8 DE MAIO TRAIL GALAICA A POBRA
4- 29 DE MAIO TRAIL GALAICA MUROS
5- 25 DE XUÑO TRAIL GALAICA BOBORÁS
6- 17 DE XULLO TRAIL GALAICA NOIA
7- 11 DE SETEMBRO TRAIL GALAICA SOBER

Circuito Galego de carreiras de montaña que tocará as 4 provincias galegas: A Coruña (Ames, A Pobra, Muros e Noia), PONTEVEDRA (Sanxenxo), LUGO (Sober) e OURENSE (Boborás)

Esta noite abrimos a páxina web: www.trailgalaica.com

O luns ás 22 horas APERTURA DE INSCRICIÓNS DA PRIMEIRA PRBA DO CIRCUITO.

Comenza o camiño ...
Gilillo

Maratoniano
Maratoniano
13/12/10
46 Carreiras
115 Mensaxes
Ortoño (Ames)
Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2016, 23:07
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Hola a todos. El sábado pasado fui uno de los que recorrimos el trayecto completo de esta prueba. No quiero desvelar nada, pero como futuro participante (no formo parte de la organización), solo quería comentaros que es una carrera con un trazado muy "corrible", una salida espectacular, un tramo especialmente bonito en la base del monte de San Marcos y unas vistas preciosas en su parte más elevada; además hay algún detalle de dureza, de esos que nos gustan y odiamos al mismo tiempo, que la da un punto "cachondo" a la ruta. Creo que es una prueba ideal para iniciarse en el mundo de las carreras de montaña y a los expertos decirles que van a poder "dar zapatilla". Según mis cálculos(que no se moleste la organización) Guiño la longitud total estará algo por debajo de los 20 km.


Última edición por Gilillo o Lun, 01 Feb 2016, 14:59; editado 1 vez
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 0:08
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Grazas ao noso compañeiro [b]gilillo[b] polas verbas e grazas, especialmente, pola maravillosa compañía o pasado sábado.

Aproveitamos para darvos os datos definitivos da ruta de Trail Galaica - Ames:

- 19,1 km aprox.
- Desnivel positivo: 650 m
- Desnivel acumulado: 1200 m
- Track da ruta: es.wikiloc.com/wikiloc...d=12134450

O percorrido deixanos imaxes realmente fermosas do Concello de Ames, unha ruta da agua patrimonio cultural, un alto de San Marcos cunhas vistas fermosas e unha chegada inigualable polos campos de golf do Real Aero Club en Ames.

Mañá apertura de inscricións. Tedes toda a información actualizada na sección CALENDARIO do foro.

Saúds e grazas
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 0:39
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

TrailGalaica escribió:
Grazas ao noso compañeiro [b]gilillo[b] polas verbas e grazas, especialmente, pola maravillosa compañía o pasado sábado.

Aproveitamos para darvos os datos definitivos da ruta de Trail Galaica - Ames:

- 19,1 km aprox.
- Desnivel positivo: 650 m
- Desnivel acumulado: 1200 m
- Track da ruta: es.wikiloc.com/wikiloc...d=12134450

O percorrido deixanos imaxes realmente fermosas do Concello de Ames, unha ruta da agua patrimonio cultural, un alto de San Marcos cunhas vistas fermosas e unha chegada inigualable polos campos de golf do Real Aero Club en Ames.

Mañá apertura de inscricións. Tedes toda a información actualizada na sección CALENDARIO do foro.

Saúds e grazas
perfecto!! xa podemos ir preparando as pernas para debutar éste ano.
O desnivel positivo correcto son 650 mts ou OS 422 que anunciades na paxina web??
Gracias!!
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2016, 0:47
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Estimado Lemacial, son os 650 m que mañá modificaremos na páxina web. No track de wikilock aparece menos (632 m) pero ao velo con outros programas nos dan eses 650 metros da ruta que variamos este pasado sábado para quitar a definitiva.
Falando da web, nos vindeiros iremos poñendo modificacións e información nova. Está agora mesmo ao 25% de operatividade (web en continua construcción), pero xa podedes dispoñer da info de Ames a partir de mañán.
Grazas!!
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 03 Feb 2016, 0:34
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Inscricións abertas amigos.

Xa podedes consultar toda a información sobre o circuito, perfil, desniveis e distancias no seguinte link:

www.trailgalaica.com/i...Itemid=138

Informamos dun cambio (a ver se o podemos facer no calendario tamñen dste foro). O trail de Boborás cambiase para o domingo 26 de xuño.

Vémonos
Domato

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
14/05/12
208 Carreiras
167 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Ven, 05 Feb 2016, 14:29
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Ides solcitar que puntúe para o Circuito de Correr en Galicia???
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Feb 2016, 21:03
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

carlosdomatoverdia escribió:
Ides solcitar que puntúe para o Circuito de Correr en Galicia???
Hola carlosdomatoverdia. Poderías indicarnos como se fai? Encantarianos que puideran ser puntuables
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4781 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Sáb, 06 Feb 2016, 21:43
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

www.correrengalicia.or...ic&t=17407

aqui os lo indica

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Feb 2016, 22:03
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

lihto escribió:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=17407

aqui os lo indica

Moitas gracias lihto . Xa está solicitada.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4781 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 11 Feb 2016, 20:01
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

no lo he visto,igual es fallo mio,fecha tope de inscripción para la primera prueba en ames?

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos