Xov, 28 Xan 2016, 15:52
Asunto: Re: Media Maratón Coruña 21 (07-02-2016)
franito, como ti ben dis, cada quen ten as suas motivacións para anotarse antes ou despois. Pero comentas de 2 probas nas que estás anotado, na que os prezos do 1º tramo foron 25€ a maratón, agora está en 40€ e pode chegar aos 80€ e a Media da Reconquista abriu con 11€, agora está en 17 e vai pasar a 25€.
Eu se tivera claro 100% que vou a ir a unha carreira tamén me anotaría, con tanta antelación, e a Media da Reconquista teño gañas de volver a facela, pero agardarei a Maio a ver se vou a esta ou o día 8 de Maio a M. Maratón da Senda do Oso, unha das 2 que me quedan por correr das Medias de Asturias.
As organizacións deberían ser máis flexibles cas devolucións das inscripcións ou unha parte delas en caso de lesión ou enfermidade, xa que son poucas as que o facilitan-
Ainda que vai moi lento o ritmo de inscricións, así que creo que nestes días vai a haber unha avalancha de anotados, a ver se non se bloquea a Web
Un saudo.