Dom, 31 Xan 2016, 20:08
Asunto: Re: IV Trail de San Alberte - Ribeira [31/1/2016]
Dende a organización quero agradecer a colaboradores, patrocinadores, e por suposto corredores, sin os que non sería posible levar adiante esta e outras probas.
Quítome o sombreiro ante o comportamento exemplar que manifestáchedes tod@s durante as tres horas largas que pasamos xuntos no monte e no polideportivo ca entrega de trofeos.
A vosa resposta e as caras de "satisfacción"
![Demo sorrindo Demo sorrindo](images/smiles/icon_twisted.gif)
(sobre todo nos dous últimos km) póñennos o listón moi alto de cara aos seguintes desafios. Trataremos de non defraudarvos.
Xa colgamos no noso facebook o albume de fotos que iremos ampliando a medida que nos vaian chegando as imaxes da xente que tíñamos repartida polo camiño.