Ven, 15 Xan 2016, 7:54
Asunto: Re: Carreira San Brais - Pontevedra - CCCP (31/01/16)
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN Á CARREIRA DE SAN BRAIS 2016
REGULAMENTO DA VIII CARREIRA PEDESTRE SAN BRAIS 2016
INTEGRADA NO CIRCUITO DE CARREIRAS
DE PONTEVEDRA 2016
www.facebook.com/Circu...Pontevedra
PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: A Asociación de Veciños Salcedo Norte, o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizan o domingo 31 de xaneiro de 2016 a partir das 12,30 horas, a “VIII Carreira Pedestre San Brais 2016”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MIXTA
Chupete De 00 A 04 2016 – 2012
Pitufo/a De 05 A 07 2011 – 2009
Benxamín De 08 A 09 2008 – 2007
Alevín De 10 A 11 2006 – 2005
Infantil De 12 A 13 2004 – 2003
Cadete De 14 A 15 2002 – 2001
Xuvenil De 16 A 17 2000 – 1999
MASCULINA e FEMININA
Promesas, de 18 A 22
Senior, de 23 A 34
Veteranos/as 1, de 35 a 39
Veteranos/as 2, de 40 a 44
Veteranos/as 3, de 45 a 49
Veteranos/as 4, de 50 a 54
Veteranos/as 5, de 55 a 59
Veteranos/as 6, de 60 a 64
Veteranos/as 7, de 65 en diante
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde, que me habiliten para participar en probas deportivas de máis de 5.000 metros.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (r/ Juan Manuel Pintos, s/nº - 36005 – Pontevedra).
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de San Brais así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías, agás as de menores , faranse en
www.championchipnorte.com por un coste de 5 € ata as 23:59 horas do día 27 de xaneiro. Para as categorías de menores a inscrición será presencial e de balde no Centro Comercial Carrefour de Salcedo o sábado 30 de xaneiro dende as 16,30 ata as 20 horas e o día da proba, entre as 9,00 e as 11,00 h.
Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016, a inscrición xa está pagada. As inscricións no CCCP, tamén, faranse en
www.championchipnorte.com.
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
Todas as inscricións son persoais e intransferibles.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
5. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así, saír de Pontevedra pola Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial Carrefour ou ao Lago Castiñeiro, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata a primeira rotonda e alí estacionaremos no andar superior do propio centro comercial Carrefour (antes das 12.00 e non se poderá mover o coche ata as 13.00 horas).
6. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.
7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e un pouco de monte no caso da carreira absoluta). Haberá diversos controis de paso obrigatorios. As saídas serán a partir das 11.30 horas no caso dos menores e a partir das 12,30 horas no caso dos maiores.
8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
11. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,... así como duchas no Instituto E.S. Torrente Ballester dende as 13 ata as 14.30 horas.
12. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
Para o gañador absoluto masculino e a gañadora absoluta feminina o Restaurante Casa Román fai entrega dun premio especial consistente nunha cea para dúas persoas a cada gañador.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría
Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Entregarase o “Trofeo Julian Bernal” ao corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.
13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.
14. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá
- Un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías de maiores de idade.
- Unha chocolatada para todos os/as deportistas.
15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación de Veciños Salcedo Norte ou no correo-e avsalcedon @ yahoo.es ou en
www.facebook.com/Circu...Pontevedra