lentoperosejuro escribió: |
Eu quérome sumar dende fora ás críticas a organización, e quería facer algunha puntalización: -¿Por qué non hai alfombriña na saída? Creo que nunha carreira masiva e deste calibre é imprescindible. -Aínda que esto xa está moi repetido, pois reitérome ¿Por qué un só avituallamento? e ¿por qué ahí? -¿Por qué a alfombriña do estadio non ocupa todo o ancho da rúa?. Para nós que coñecemos a circunstancia e imos a unha velocidade moderada, case que nos da igual, aínda que se vas nun grupo numeroso tes que adecuar o paso para non sairte da alfombriña. Pero é que onte vin en Correo TV unha reportaxe de cando pasaron os primeiros por alí, e a leche que ían foi saír da curva e xa estaban enriba do control. Tanto é así que o que gañou e outro africano pasaron por fora, e cando se deron conta do sucedido tiveron que parar e desandar os 40-50 mt. para pasar por enriba . Con unha alfombriña en todo o ancho:solucionado. -9 Km son moitos km para os nenos máis pequenos e populares. Por outra banda creo que os nenos debían saír un pouco máis tarde. Na primeira pasada que fan por San Roque coinciden con moitos corredores dos maiores, que realmente lle "estorban"(uns están chegando e outros acaban de empezar). A maiores os primeiros, coma ten que ser, levan diante dous coches de Policía Local e o crono. En un sitio coma San Roque, con un só carril habilitado para a carreira, é moi perigoso o paso dos coches policiais (que ademáis non se cortan un pelo, sirena e acelera) apartando ós maiores para que pasen os pequenos. Onte foi a primeira vez que o vin dende fora e sufrín porque o normal é que pasara algo. -Da camiseta e de servizos os atletas está todo dito. -Si controla Champion Chip ¿Por qué non estaban xa onte as clasificacións dos maiores? Como xa comentei algunha vez, esto organiza un periódico...e hai que buscar o xeito de vender. Agora mesmo non recordo máis, pero habelas hainas. |
uri escribió: |
como es posible que no esté la general y si de manera individual?? |