Sáb, 06 Feb 2016, 10:08
Asunto: Re: Media Maratón Coruña 21 (07-02-2016)
Para o que preguntaba polos caixóns aquí tes o enlace detallando por cores de dorsais o caixón correspondente.
www.carreirasgalegas.c...d5c4ac544e
Para meu modo de ver, nos 3 primeiros caixóns vai a entrar moi pouca xente, xa que o 1º é ata 1h20, 2º ata 1h25, 3º ata 1h30 4º ata 1h35 e no 5º xa vai o resto, polo que este último vai estar a reventar.
Non o digo por malmeter, xa que se tomamos como exemplo a media de Pontevedra do 2015, con case que 1500 chegados a meta, creo que mañán con 1773 inscritos rematarán unha cifra similar.
Collendo ata 1h20'30 hai 70 chegados, se o deixamos en 1h20' cravada serían só 60. Polo que lle vou dar a todos un marxen de erro de 30 segundos.
Ata 1h25'30 dende os 70 anteirores habería 120 máis.
Ata 1h30'30" posto 369, dende os 190 chegados anteriores serían 179 máis.
E ata 1h35'30" posto 586 hai 217 que entrarían no 4º caixón, e xa no 5º e derradeiro irían 900.
Para mín debería haber un caixón ata 1h45', que se tomamos como referencia Pontevedra ata 1h45'30" entraría ata o posto 1008 ou 422 corredores neste caixón. E deixando outros 471 para este "hipotético" e derradeiro 6º Caixón a partir de 1h45'.
Un saudo.