Dom, 07 Feb 2016, 19:35
Asunto: Re: Media Maratón Coruña 21 (07-02-2016)
Boa carreira a de hoxe en Coruña. Respecto aos caixóns, se non hai un control por parte da organización nunca se van a respetar, ademáis que tiñas que fixarte ben para encontrar as indicacións de cada caixón.
Eu recoñezo que non me puxen no meu, coloqueime un pouquiño por diante, máis que nada pola cantidade de xente que vin que estaba mal situada.
Tardei varios segundos en pasar pola saida e fun indo de menos a máis a miña idea era sair a 4'25" por gps e ver como ia a cousa pero dende o principio fun a 4'20/4'17", e a partir do Km15 por baixo de 4'15, excepto o de subida que debía ser polo Km18 que se me foi a 4'24, controlando as sensacións do xemelgo e como non dou problemas puiden facer unha boa carreira para un tempo neto de 1h30'57".
A carreira está ben organizada, moitos voluntarios e avituallamento final completo. Esperemos que algún día den cun percorrido estable e si é este para min era preferible facer a subida na 1ª volta e non xa rematando a carreira que as forzas están máis xustas. O percorrido moi rápido eso sí.
Agardemos que para o ano volvan a senda dos 2000 inscritos, xa que é unha proba que os merece sobre todo se a publicitan ben, actualizan a web cuns meses de antelación e non a poñen o Domingo de Antroido, que sempre lle vai restar xente.