Sáb, 30 Xan 2016, 23:21
Asunto: Campionato Galego de Duatlón Contrareloxo por equipos
Vedra celebra o vindeiro 27 de febreiro o 3º duatlón concello de Vedra, que por segundo ano consecutivo constitúe o campionato galego de duatlón contrareloxo por equipos.
Despois do exitoso precedente da pasada tempada, onde preto de 60 equipos se deron cita na primeira proba por equipos celebrada a nivel autonómico, agárdase unha gran participación dos equipos.
Os clubes poden efectuar a inscrición de cantos equipos queiran ata o vindeiro 11 de febreiro, pero ollo, a proba acolle un máximo de 80 equipos, entre masculinos e femininos, polo que a orde de inscrición é importante. Eso sí, dase prioridade aos equipos A sobre os B e así sucesivamente.
A composición final dos equipos non haberá que confirmala ata o martes 23 de febreiro.
Para máis información na web
www.fegatri.org , no apartado calendario, aparecen tódolos pormenores do evento