Ven, 19 Feb 2016, 8:40
Asunto: Re: ¿Cándo se abre a inscripción no Duatlón de Santiago?
Vamos a ver Feexenio. Imos por partes. Ti pides consello, e daseche. Outra cousa é que non che guste leer o que se che aconsella porque non entra nos teus plantexamentos.
Seguidamente, vou facer unha pregunta. Qué ten máis merito, correr un 5000 por debaixo de 17 ou unha Maratón en 4h e pico? O eterno dilema....
Respecto ao triatlon. Se apenas fas 50 kms na bicicleta e como ti dis, que nadas os 2000 seguidos a duras penas e as túas previsións son de ir por enriba das 4 horas, a realidade é que(baixo o meu punto de vistabe e o da túa integridade física) NON estás preparado para afrontar un triatlon olímpico. Outra cousa é que digas "Por mis cojones que lo hago" e te metas á aventura. Pode sair ben...pero o máis normal é que os últimos kilómetros da carreira sexan unha agonía ou simplemente remates camiñando. É valido? Totalmente. Dependendo da proba daranche a tua medalla de finisher, e poderás compartila no Facebook e que todo o mundo sexa partícipe da túa hazaña.
Pero como se ve nalgunhas probas, por exemplo aos 300 m da saida da natación, xente nadando a braza ou a espalda con 1600 m por diante todavía, ou na bici mirando a paisaxe e poñendo en risco a outros corredores (a min xamais me estorba nadie nunha proba,pero o pensamento "Eu paguei coma os demáis e non teño porque ir pola dereita" está moi implantado) ou xente que fai a media maratón dun MD camiñando...Iso é que realmente esa persoa non está preparada para o que está facendo.
A realidade é que se ainda non dominas a distancia sprint, o que deberías é seguir collendo experiencia nela. E se non fas máis que sprints, pois non pasa nada, nin por facer máis distancia se é mellor deportista nin se ten máis mérito.
Moita xente ten estipulado a orde cronolóxica sprint,olimpico,Half e Ironman, e despois?? Xa se cumpliron as etapas, non queda nada por riba diso. A min persoalmente atraeme o Ironman, pero apenas dou rematado un Media Distancia en boas condicións como para plantexarme o dobre.
Falas de que te envidias a ti mesmo cando melloras os tempos. Pois ahí tes o reto. Intenta mellorar os tempos en sprint primeiro e despois cambia de miras, pero primeiro domina o medio, que sexa o teu corpo quen marque os tempos e non a cabeza ou as fantasías. Espero que o tomes coma o consello que pediches. Pero recordoche, é un consello so, se a cabeza che pide grandes distancias adiante con elas. SAÚDOS