Xov, 18 Feb 2016, 22:35
Asunto: Re: [DU]VII Duatlón Cros de Reis-Vimianzo APLAZADO(21/02/16
Seguindo cos meus ladrillos, aos que non coñezades o circuito (é o dos anos pasados), dicirvos que:
1) O primeiro tramo a pé, duns 5 km (as distancias que dou son todas aproximadas, que non teño GPS), empeza en asfalto durante 1 km máis ou menos case todo favorable (o final tira algo para arriba) ata chegar a unha granxa. Logo, xiramos á dereita e entramos en zoas de pista forestal (algún tramo puntual ten algo de lama e auga sobre todo contra o final) que pican en xeral tamén cara arriba (altérnanse lixeiras subidas con llanos) durante uns 2 km. En canto cheguedes a unhas torres de alta tensión alegrade esa cara porque daí ata meta é todo lixeiramente pa baixo-llanear.
2) O segundo tramo, os 21 km de bici, son 2 voltas a un circuito de 10,5 km. Ao principio, o anaco de asfalto, coincide co tramo a pé, pero logo, ao chegar á granxa, en vez de xirar cara a pista forestal, hai que seguir polo asfalto cunha subida duns 300 m que tira algo do peito pero que se pode facer a plato; iso si, cun piñón algo grandiño (bueno, falo por min, claro; os que vaiades a pola victoria supoño que non vos fará falta).
Logo da subida, baixada curta (uns 200 m) pero empinada onde podedes meter todo o que teñades pois é asfalto, sen curvas e con perigo cero. Logo ven un llano duns 400 m, tamén asfaltado, e despois un xiro de 90 grados á dereita, onde xa entramos no tramo de pista forestal. Durante km e pico podedes darlle caña porque é case llano (algunha zona sube mooooi lixeiramente). Despos desa subidilla hai unha baixadiña onde podedes aproveitar para ir metendo piñóns grandes porque vos vai facer falta, xa que cara a metade da baixada collemos un desvio á dereita e entramos na primeira zona complicada polo tema da auga.
É un camiño duns 600 m onde o peor son os primeiros 200 m pois aí é onde soe acumularse bastante auga e, entre que o camiño non é moita cousa, a auga e que despois da auga hai subida con algunha que outra pedra e ramas, se levades piñóns pequenos ides pasalo mal. O plato grande si que o podedes levar sen problema todo este anaco.
Tras este camiño temos outra zoa onde podemos dar caña (é bo terreno e sen ningún perigo), con lixeira baixada, llano e lixeira subida onde hai que subir un par de piñóns. Trala subida podedes meter de novo todo o que teñades porque hai un longo treito de llano picando cara abaixo (poden ser uns 2 km). Chegaremos ao sitio que vos dicía antes das torres de alta tensión, onde seguimos baixando polo camiño que antes fixemos correndo, ca diferencia de que agora, contra a metade da baixada, temos que torcer á esquerda e meternos polo tramo realmente complicado do circuito.
Según entredes nese camiño, subide piñóns porque ides agradecelo despois. Os primeiros 400 m non teñen nada pero logo ides atopar unha baixada non moi pronunciada (coidado que polo medio hai un par de pedras jodidas que están algo tapadas pola herba) e ao final da baixada empeza o inferno. Torcemos á dereita e espérannos uns 400 m de barrizal, auga, e pedras que teñen un llano, unha baixada ata chegar a unha ponte e unha subida na que o problema non é a pendente senón como está o camiño. En todo este tramo (desde as pedras "escondidas" ata o final) metede plato pequeno e piñón enorme porque case seguro que ides ter que poñer pé a terra varias veces e arrancar cun desarrollo grande no medio do barrizal é jodido (sei do que falo...)
Ao final dese inferno, luuuume, porque é todo baixar-llanear sen perigos. Un km e pico despois hai outro desvio á esquerda e logo xa case seguido, á dereita camiño do final. Ese último tramo de pista (todo llano) ten algún sitio onde hai algún que outro charco pero nada grave despois de todo o que temos pasado.
3) O último tramo a pé, duns 3 km e medio largos, é sinxelo (cansancio aparte...), pois salvo o 1º km (o sea ata granxa do primeiro tramo) que pica ao final algo para arriba, o resto é todo llanear e baixar por bo terreno. Só nalgúns sitios moi puntuais podemos atopar algún dos charcos que comentei que podiamos atopar ao final do tramo de bici, pois o último km e pico coincide co de bici.
E isto é todo. Que o imos pasar ben, xa vos adianto que creo que si.
Ah!, para os tramos a pé serven as zapatillas de toda a vida.
Novamente perdoade polo tocho.