Lun, 18 Abr 2016, 21:28
Asunto: Re: II Carreira Popular Pilar Barreiro Senra
Bonita carreira a de onte en Lousame, fixo un día radiante, quizás algo de calor de máis, xa que a noite anterior choveu un montón e había bastante humidade.
Non eramos moita xente, e cando estabamos para dar a saida, gardouse un emotivo minuto de silencio polo falecemento do corredor de Fontes do Sar Cándido, e a organización seique lle entregou un detalle (¿camiseta?)aos menbros do clube que acudiron a carreira.
O percorrido, non é que sexa moi duro, pero ten a sua miga, xa que antes de chegar ao primeiro Km. temos unha subidiña un pouco dura. e despois llaneamos e baixamos para volver a pasar pola saida, ata ahí fun controlando un pouco, e a partir do 1,5Km. aumentei o ritmo, xa que ata o 4+ ou menos e bastante rápida, despois temos unha subida longa e algo dura, na que me atasco un pouco, pero dame a vida un descansiño previo a encarar a parte máis dura da subida, cando estamos cerca do Km6, damos volta e se tes forza hai que darlle a tope.
Eses Kms. ata meta saironme algúns por debaixo de 4' ou un pouco máis os derradeiros. Saindome un crono oficial de 41'06", pero polo meu GPS, faltabanlle 80mts. aos 10Kms. así que algo corta se lles quedou, unha lástima, xa que atrasando uns 50mts. a saida, daríalles unha distancia máis acorde.
Despois un máis que abundante avituallamento de auga e sólido, froita e rosca. Coma o ano pasado.
Felicitar a organización e voluntarios, desexando que se consolide esta carreira, e esperemos que non coincida ca maratón (e os 10Kms, paralelos) noutras edicións, para ter máis afluencia.