Mar, 23 Feb 2016, 0:49
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02
Hola a tod@s.
Imos respostar as vosas cuestións:
- Avituallamentos: Non é obrigatorio levarlo, pero recoméndase facelo. Ate o km 8,5 non haberá avituallamento líquido. Compre avisalo previamente.
- O trail é recomendable correlo con zapatillas de trail, inda que como ven din por aquí, hay un par de zonas técnicas que con barro, se chove, se farán bastante necesarias, como as traileras. No resto da proba pode facerse con zapas normais. Nós, nestas saídas fixémolas sempre con zapas de trail, pero algún acompañante fixo a ruta con zapatillas normais.
- Autobuses: sairán a partir das 08.30 horas. A medida que e vaian enchendo trasladarán aos atletas a zona de saída. Estamos tentando que abra a cafetería de Ponte Maceira para os que cheguen temprano. Fletaremos 3 autobuses.
- Recollida de dorsais. Farase no lugar onde estarán os buses (punto de meta).
Animádevos que xa queda pouco!!