Foros ›
V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 02 Feb 2016, 10:16
Asunto: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

REGULAMENTO V CROSS RIO LIÑARES 2016

O Concello da Estrada, organiza o vindeiro sábado día 27 de febreiro a partir das 16 horas, o V Cross Rio Liñares, primeira carreira puntuable para o IV Circuito Corre A Estrada Corre.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia na carreira absoluta de 8.000 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en dous circuitos: un de 400 metros (Circuito A) e outro de 2.000 metros (Circuito B), ambos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

1. CATEGORÍAS:

Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2012 e posteriores.
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
CADETE: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998.
PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1994, 1995 e 1996.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1982 e 1993.

VETERÁN/A A:Atletas nados/as entre 1971 e 1981.

VETERÁN/A B:Atletas nados/as no ano 1970 e anteriores.


2. HORARIOS E PERCORRIDOS:

O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nas instalacións da Praia Fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla, excepto as categorías dende cadete ata veterán que sairán de ditas instalacións.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
16:00 h PREBENXAMÍN 400 m (1 voltas circuito A)
16.15 h BENXAMÍN 800 m (2 voltas circuito A)
16:30 h ALEVÍN 1.200 m (3 voltas circuito A)
16:50 h INFANTIL 1.600 m (4 voltas circuito A)
17:15 h CADETE 2.000 m (1 volta circuito Ojo morado
XUVENIL E JUNIOR 6.000 m (3 voltas circuito Ojo morado
PROMESA,SENIOR E VETERÁN 8.000 m (4 voltas circuito Ojo morado
18:30 h ENTREGA DE PREMIOS


3. INSCRICIÓNS:


* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o mércores día 24 de Febreiro de 2016 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.


* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o mércores día 24 de Febreiro de 2016 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.

A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono

886.153.589.

Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes @ aestrada.es

O PREZO da inscrición será o seguinte:

ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €

CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA

4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:

Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 14:30 horas.

* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (17:15 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A

SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. (Agás propietarios de chip participantes no IV Circuito “Corre A Estrada Corre”).

5. CLASIFICACIÓNS:

A clasificación farase nas seguintes categorías: pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, senior, veterán A e veteran B; tanto masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.

O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descualificado.

* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.


6. PREMIOS E TROFEOS:

- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.

- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto na categoría pitufo, que non haberá trofeos e si medalla para odos os participantes.


7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:

- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.

- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.

- Haberá servizo de vestiarios nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla e servizo de duchas no campo Municipal da Baiuca.

- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.

- A organización do IV Cross Rio Liñares non se fai responsable de perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.

- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.

O Cross Río Liñares será novamente o inicio do circuito de carreiras de A Estrada, info sobre IV Circuito de Carreiras "Corre A Estrada Corre".
1.- INTRODUCCIÓN.

Neste ano 2016 celebrarase a IV edición do Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “CORRE A ESTRADA CORRE”, que agrupa dun xeito organizado as carreiras populares que se disputarán o longo deste ano 2016 no noso concello. As probas son as catro xa coñecidas e que formaron parte do circuito do ano pasado: o Cross Rio Liñares, os 5K Festa do Salmón a Nocturna Estradense e o Memorial Manuel Bergueiro e, polo que serán catro as probas puntuables para o Circuito.

O obxectivo deste circuito de carreiras populares é poñer o alcance de toda a poboación esta actividade físico-deportiva e fomentar ca súa práctica, a recreación e habitos de vida saudables.

O IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, que dará comezo o día 20 de Febreiro de 2016 e rematará o día 8 de Outubro de 2016, está organizado polo Departamento de Deportes do Concello da Estrada, terá a supervisión técnica do Atletismo A Estrada e o C.D. San Paio. Tamén colaborarán neste circuito de carreiras Aurora Sport e a Asociación Xuvenil A Estación. As incricións e cronometraxe estarán controladas por Emesports.

Dentro do noso Concello ainda haberá unha carreira máis, que será a VI San Silvestre Estradense o día 31 de Decembro. (1.609 metros), pero mantén o seu carácter lúdico non competitivo, polo que non está incluida no circuito.

2.- CARREIRAS.

As carreiras que forman parte do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, son as seguintes:

1. V Cross Rio Liñares. Sábado 27 de Febreiro. (8.000 metros). Carreira que se celebrará nun circuito na Praia fluvial na modalidade de cross. Todas as categorías.

2. II 5K Festa so Salmón. Domingo 8 de Maio. (5.000 metros). Carreira que se celebrará nun circuito urbán homologado de 5 kilómetros. Todas as categorias.

3. V Nocturna Estradense. Sábado 25 de Xuño. (7.000 metros). Carreira que se celebra nun circuito urbán, de noite e nas Festas Patronais de San Paio. Todas as categorías.

4. VI Memorial Manuel Bergueiro. Domingo 8 de Outubro. (10.000 metros). Carreira que se celebra nun circuito urbán, con saída e meta na praza do concello. Todas as categorías.

A organización do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, pode variar as datas de celebración das probas por motivos técnicos e, excepcionalmente poderanse suspender

3.- PARTICIPACIÓN E CATEGORÍAS.


Poderán participar todos aqueles corredorres que así o desexen e para poder optar a algún dos premios, será condición indispensable ter rematado as catro carreiras. O IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” contará con catro clasificacións: xeral masculina, xeral feminina, familiar e por equipos, e puntuarán para o IV Circuito, so nas clasificacións individuais, os atletas nados en 1999 e anos anteriores, independentemente das categorías que poida establecer cada carreira. Aqueles participantes nados despois do ano 1999 desexen competir na proba absoluta e asi participar no circuito tamén o poderán facer, puntuando co coeficiente que lle corresponda.

Unha vez comezado o IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, non se poderán realizar cambios nos equipos familiares e tampouco naqueles que opten a clasificación por equipos, tendo o atleta que rematar o circuito co equipo elexido na sua inscrición o mesmo.

A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes ca suficiente antelación.

As reclamacións ós resultados oficiais de cada carreira, deberán formularse verbalmente á Organización do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor para cada caso. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

No momento de formalizar a inscrición no IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, o corredor da conformidade e implica ter lido, entendido e adquirido os seguintes compromisos:

Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde. A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do atleta.

Eximo de toda responsabilidade a organización que puidera derivar da miña participación no evento, como pérdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións, …

Todos os/as participantes no IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” aceptan todos os dereitos e obrigas do presente regulamento e o de cada unha das probas individuais.

Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito o Departamento de Deportes do Concello da Estrada.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que quedan expostos neste regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación extraordinaria, estarase o que dispoña a Organización.

A descualificación dun atleta do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, supón a pérdida de todos os puntos colleitados nas carreiras nas que participara dito atleta, tanto na clasificación individual como na clasificación familiar, non optando os premios existentes.

Serán motivo de descualificación:

Correr co dorsal ou chip doutra persoa. Serán descalificados ambos. Participar con máis dun chip. Serán descalificados ambos.

Non estar inscrito na proba e participar na mesma con chip. Realizar a inscrición alterando os datos.

Non atender as indicacións da organización.

Manifestarse con conducta antideportiva e/ou contra o medio


4.- CLASIFICACIÓNS.

As clasificacións do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” e os seus premios serán para aqueles que se inscriban o circuito e na totalidade das probas dende un principio. Os participantes que participen en todas ás probas, pero anotadas individualmente en cada unha delas non optarán ós premios do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”

Individuais (masculina e feminina):

A puntuación de cada atleta, tanto en categoría feminina como en categoría masculina, corresponderase co posto de chegada na clasificación correspondente a sua categoría. Cada atleta sumará os mesmos puntos que a sua clasificación na proba que participa. (exemplo: 4º clasificado no Cross Rio Liñares=4 puntos).

O vencedor de cada categoría será ó atleta con menor suma de puntos, así como o vencedor do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”. En caso de empates teránse en conta:

1. O maior número de mellores postos clasificatorios.

2. A mellor clasificación na primeira carreira do circuito, neste caso o Cross Rio Liñares.

Familiar:

Considerase unidade familiar a aqueles na seguinte línea de parentesco: avós, pais e netos. Non se consideran curmáns nin outros familiares. O equipo familiar para ser inscrito coma tal, deberá de ter como mínimo obrigatoriamente 3 compoñentes e 6 como máximo.

Para que un equipo familiar puntúe nunha proba, será preciso que finalicen a proba polo menos tres atletas da unidade familiar independientemente do sexo.

Coma na categoría individual, cada integrante do equipo obterá os mesmos puntos que o posto realizado, e dicir, o primeiro un punto, o segundo dous, o terceiro tres e así sucesivamente, dentro da categoría na que compita.

A puntuación do equipo familiar nesa carreira será o resultado de sumar os puntos alcanzados polos seus integrantes na súa categoría, dividido polo número de atletas do equipo familiar participantes na proba; para o caso de participantes en idade Pitufos, a puntuación será por participación xa que non haberá clasificación (cada pitufo participante puntuará “-1” en cada carreira). Según o comentado anteriormente, os participantes na categoría de pitufos, computan restando un punto sexa cal sexa a súa clasificación.

O vencedor da clasificación familiar será o equipo con menor suma de puntos, e en caso de empates teránse en conta:

1. O maior número de compoñentes do equipo participantes nas catro probas puntuables.

2. O maior número de mellores postos clasificatorios.

3. Equipos mixtos ou femininos sobre equipos masculinos.

Equipos:

Considerarase equipo a aquel que esté composto como mínimo obrigatoriamente por 4 compoñentes e 6 como máximo e, polo menos un deberá de ser de xénero distinto. Para que un equipo puntúe nunha proba, cada atleta participará, individualmente, na categoría que lle corresponda por idade e será preciso que finalicen a proba polo menos catro atletas do mesmo equipo, independientemente do sexo e da categoría na que participen. Esta clasificación so se disputará na proba absoluta para que todos os participantes percorran a mesma distancia; poderan participar atletas das categorías promesa (nados en 1994, 1995 e 1996), senior (nados en 1993 e anteriores ata veterán) e veteráns (nados en 1981 e anteriores).

Coma na categoría individual, cada integrante do equipo obterá os mesmos puntos que o posto realizado, e dicir, o primeiro un punto, o segundo dous, o terceiro tres e así sucesivamente, dentro da clasificación na que participe (xeral masculina ou xeral feminina).

A puntuación do equipo nesa carreira será o resultado de sumar os puntos alcanzados polos primeiros catro atletas dese equipo que finalicen a proba correspondente na súa clasificación (xeral masculina e xeral feminina).

O vencedor da clasificación por equipos será o equipo con menor suma de puntos, e en caso de empates terase en conta:

1. Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuxo cuarto clasificado teña terminado máis preto ó gañador da proba.

Aquel equipo que se inscriba para participar na clasificación familiar non poderá facelo na clasificación por equipos cos mesmos membros.

5.- INSCRICIÓNS.

Os que queiran competir no circuito:

O atleta que queira estar incluido no circuito deberá abonar 3,50€ por adquirir o chip de zapatilla que utilizará en todas as carreiras do circuito, quedando en propiedade de éste ó seu remate, sen necesidade de devolvelo. A maiores, a inscrición no circuito terá un coste de 12€.

Os que non queiran competir no circuito:

Se o participante non quere estar incluido dentro do circuito, a inscrición de cada carreira de forma independente terá un coste de 4€. O aluguer do chip é gratuito, pero deberase devolver obrigatoriamente unha vez rematada cada carreira.

As inscricións faranse a través da web www.emesports.es . Alí tamén amosaranse os listados de participantes xa inscritos tanto en cada carreira de forma independiente como no circuito e as clasificacións.

As inscricións das categorías base (pitufos a cadetes), serán gratuitas e faranse tamén a través da web www.emesports.es, (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.

6.- PREMIOS.

Acadarán premio os cinco primeiros clasificados nas catro categorías existentes (xeral masculino, xeral feminina, familiar e por equipos) no IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, e serán os seguintes:

CLASIF. XERAL MASCULINA CLASIF. XERAL FEMININA CLASIF. XERAL FAMILIAR CLASIF. XERAL POR EQUIPOS

1º TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+250 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+250 € (MATERIAL DEP.)

2º TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.)

3º TROFEO+125 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+125 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.)

4º TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.)

5º TROFEO+75 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+75 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+75 € (MATERIAL DEP.) TROFE
O+75 € (MATERIAL DEP.)


7.- INFORMACIÓN.

Mais información ou calquera dúbida relacionada coa organización do IV Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030, na páxina web www.aestrada.com ou www.emesports.es e no correo electrónico deportes @ aestrada.es
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mér, 03 Feb 2016, 14:12
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Es

Cartel de la prueba.



image.jpeg
Descrición:
Nome do arquivo: image.jpeg
Descargado: 1007 veces
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Lun, 15 Feb 2016, 14:34
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Es

Iniciamos los 10 últimos días de inscripción al evento, por ahora contamos con 70 escolares y 16 absolutos (todos ellos inscritos al circuito de carreras Corre A Estrada Corre); y aunque sabemos que el aluvión llegará en los últimos días, no dejéis pasar la oportunidad de correr esta bonita carrera!!!!
yagosega

Maratoniano
Maratoniano
30/10/14
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Feb 2016, 15:18
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

El circuito del Cross Río Liñares es el mismo del año pasado? Creo recordar que habían sido 3 vueltas y un total de 9km, pero no estoy seguro.
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Lun, 22 Feb 2016, 14:36
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

yagosega escribió:
El circuito del Cross Río Liñares es el mismo del año pasado? Creo recordar que habían sido 3 vueltas y un total de 9km, pero no estoy seguro.

si fuiste el año pasado, recordarás que se salía del circuito para ir por el monte y se cruzaba una finca, una puente de un río, caminos... pues este año el puente se ha derrumbado por lo que el hecho de repetir circuito está totalmente descartado.
Según la organización (Concello) el recorrido será dentro de la playa fluvial y se saldrá por el camino unos 100/200 mtos para volver a entrar en el circuito de la playa.
De ahí que sean diferentes vueltas y 1 km menos de distancia. Para el público será mejor ya que nos verán dar zig-zags por dentro de la playa; y nosotros no nos podemos relajar... que no nos vean flaquear!!!!

Esto es lo que nos han comentado, de ahí el cambio de recorrido Guiño

Y si se pregunta por clavos, yo sigo pensando que al tener que subir la cuesta del bar, al pisar un poco el camino y unos 20 mtos de asfalto... los clavos no los recomiendo para la categoría absoluta.
Para menores si, porque es todo dentro del recinto.
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 14:40
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Le hemos preguntado a la organización sobre el tema duchas y ya nos han informado sobre ello.
Los años anteriores las duchas estaban disponibles en el estadio de fútbol de A Baiuca, a unos 3 minutos en coche; este año no se puede disponer del estadio ya que ha sido derrumbado, a cambio se abrirán las duchas del Pabellón deportivo Manuel Coto Ferreiro, aunque están un poco más lejos que el campo de fútbol, nos aseguramos un espacio muy amplio y agua caliente.
Así para quien quiera/se necesite duchar le queda la instalación del pabellón abierta. Para quien no se quiera duchar, en la propia playa fluvial estarán abiertos los wc para señoras y caballeros donde os podéis cambiar.
Intentaremos que el propio bar del recinto esté abierto por si el día se viene de frío o lluvia, para poder tomar algo caliente.

<iframe src="https://www.google.com/maps/embed?pb=!1m18!1m12!1m3!1d2932.4788666032905!2d-8.50625338453311!3d42.693580179165956!2m3!1f0!2f0!3f0!3m2!1i1024!2i768!4f13.1!3m3!1m2!1s0xd2f081284be5b47%3A0xe9907fc93263f592!2sPabell%C3%B3n+Polideportivo+Manuel+Coto+Ferreiro!5e0!3m2!1ses!2ses!4v1456237959629" width="600" height="450" frameborder="0" style="border:0" allowfullscreen></iframe>

www.google.es/maps/pla...c93263f592
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1679 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 16:49
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Vai estar incluida no circuito de Correr en Galicia? Estes anos estaba pero todavia non a vexo. Saludos.
kinki

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/01/13
20 Carreiras
141 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 17:50
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Puxerona o 27 de marzo na lista de carreiras do circuito,equivocaronse no mes


Última edición por kinki o Mar, 23 Feb 2016, 22:45; editado 1 vez
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 19:08
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

A carreira é este sábado, 27 de febreiro
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 20:59
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Y al circuito de cng se ha pedido su inclusión en dos mensajes. Pero por ahora no la ponen.
Quiquevich

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/06/14
120 Carreiras
235 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 21:46
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Es un circuito duro? Estoy pensando anotarme pero no lo conozco y supongo que estará bastante embarrado con las lluvias de la semana anterior. De todos modos he entendido que con las zapatillas "normales" debería valer. Si fuesen necesarios clavos nada porque no tengo jeje.
Gracias!
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 22:05
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Zapatillas normales.
Duro? De 0 a 10 le vamos a poner un 7, pero esto siempre depende del ritmo al que se vaya.
Anímate!!! Lo corres y el próximo año ya sabes si volver o no Guiño
jorgillo

Maratoniano
Maratoniano
1/10/12
30 Carreiras
138 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Feb 2016, 8:13
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Quiquevich escribió:
Es un circuito duro? Estoy pensando anotarme pero no lo conozco y supongo que estará bastante embarrado con las lluvias de la semana anterior. De todos modos he entendido que con las zapatillas "normales" debería valer. Si fuesen necesarios clavos nada porque no tengo jeje.
Gracias!

Quiquevich yo lo corri 3 veces siempre cn zapas normales, un año lloviendo y embarrao sin problema, además creo que la parte que podia patinar un poco se ha suprimido
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Dom, 28 Feb 2016, 9:24
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

A todos los/as que vinieron al cross ayer. Gracias!! Esperamos que disfrutaseis mucho.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 29 Feb 2016, 14:36
Asunto: Re: V Cross Río Liñares e IV Circuito de Carreiras de A Estrada

Carrera muy bonita, primera vez que lo corría y me gustó mucho, enhorabuena a los organizadores, muy atentos en todo momento y sin ningún fallo.

Incluso por momentos salió el sol !!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos