Ven, 26 Feb 2016, 23:39
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02
Boas noites a tod@s.
En primeiro lugar, agradecer moito os comentarios informativos e as cuestións que plantexads aquí. DEsde a organización estamos moi contentos con este inicio do circuito e agora só queda traballar para facelo ben.
Imos facer un copia-pega dun comunicado de organización para que vos informedes dos detalles finais da proba:
INFORMACIÓN RELEVANTE TRAIL GALAICA CONCELLO DE AMES[u]
- RECOLLIDA DE DORSAIS: a mesma realizarase nas instalacións do Real Aeroclub en Ameixenda. A partir das 08.00 horas estará aberto.
- SERVICIO DE AUTOBUSES: os autobuses estarán ubicados no punto de meta (Aeroclub) e trasladarán aos deportistas ao punto de saída a partir das 08.30 horas. Teremos 3 autobuses dispoñibles e sairán a medida que se vaian enchendo de pasaxeiros. A viaxe de ida e volta ao punto de saída tardará sobre 45'.
- TAQUILLAS e ROUPEIRO: nas instalacións do Real Aeroclub ,teredes a vosa disposición taquillas para deixar as vosas pertenencias. Asi mesmo habilitaremos un servicio de roupeiro na zona de saida cunha furgoneta que trasladará a zona de meta a roupa.
- DUCHAS E VESTIARIOS: ubicadas tamén nas instalacións do Real Aeroclub, teredes previamente e antes de entrar nos vestiarios unha zona de auga para realizar a limpeza das zapatillas deportivas.
- AVITUALLAMENTOS: 3 puntos: alto de San Marcos (km 8,5), km 12,5 e meta. Recoméndase levar avituallamento propio.
- SAIDA DA PROBA: desde a Ponte Maceira. Charla técnica previa e saída neutralizada ao cruzar a Ponte. Inicio do Trail despois da Ponte.
- O vindeiro domingo o parte meteorolóxico avisa de baixas temperaturas, polo cal pregamos leven roupa de abrigo para a disputa da proba.
- A organización disporá de servicios sanitarios e levarán telefonos de emerxencia no propio dorsal de organización.
Agardamos que desfruten da proba e que todo sexa do voso agrado.
GRAZAS POR TODO AMIGOS!!