Dom, 06 Mar 2016, 21:23
Asunto: Re: Media Maratón Carballiño (6 Marzo 2016) Carrera corta
Felicitar a organización e a todos os voluntarios por facer posible esta carreira, eu creo que co cambio do percorrido gañou en dureza, apreciación miña e dalgún compañeiro que correu varias edicións.
O día acompañounos, xa que os amagos de chuvia, foron eso amagos, non chegamos a mollarnos. Día fresquiño e sen aire.
Respecto a miña carreira moi contento, saín regulando, xa que sabía da dureza do percorrido, e máis se os derradeiros kms. de cada volta, son de moita subida.
Así que fixen unha carreira moi regular, facendo as 3 voltas moi similares en tempo, 1ª 30'56" e as duas seguintes claveinas en 30'54" cada unha, ainda que a distancia quedouse un pouco corta polo meu GPS., ainda que como eramos poucos as trazadas puidemos facelas moi ben.
Se todo vai ben seguirei acudindo en vindeiras edicións.